A cantante galega Uxía celebrará os seus 25 anos de carreira artística coa edición dun novo traballo, Meu Canto (Fol Música), un CD no que realiza u¬nha relectura dos temas fundamentais do seu directo e aborda cancións que non experimentara anteriormente.
Este novo traballo de Uxía, que se publicará o próximo 6 de xuño, foi gravado en Brasil nos Estudios Biscoito Fino de Río de Janeiro xunto con Jaime Alem, que traballa como produtor habitual de Maria Bethania.
Meu Canto está composto por quince cancións das que unicamente unha fora gravada con anterioridade por Uxía e o seu nome débese precisamente a que a maioría das cancións conteñen a palabra canto, formulada como unha reflexión sobre o acto de cantar.
XIRA POLO BRASIL
A artista galega vén de protagonizar unha xira de concertos polo país sudamericano. Baixo o título de Travesía da saudade, Uxía, entre os meses de xaneiro e febreiro actuou en cidades como Salvador de Bahía, Sao Paulo ou Río de Janeiro.
Nestas actuacións, a cantante colaborou con artistas de moito renome no país brasileiro, como Roberto Mendes, Socorro Lira, Cida Moreira, Swami Jr e Geraldo Azevedo.
Antía Rivas, 1ºA.
|