Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aprender a velocidade
Non son superdotados, pero a súa capacidade de aprendizaxe está moi por riba da media. No fondo, á marxe das súas ansias por saber e descubrir cousas novas, son pequenos como os demais pero necesitados dunha atención educativa especial para o seu desenvolvemento intelectual, físico e emocional, segundo sinalan desde a Asociación de Altas Capacidades (ASAC) de Galicia, que onte presentou en Santiago o seu portal web.
En Galicia, os casos de altas capacidades cífranse ao redor de dez de cada cen mozos menores de idade, uns diagnosticados e outros non. Ter un fillo con esta peculiaridade é toda unha aventura, que non resulta nada doada de non ter a orientación adecuada.
É máis, en moitos casos de pequenos con altas capacidades, os docentes "avisan os pais sobre a posibilidade de que o neno teña un trastorno de hiperactividade", segundo recoñecen desde ASAC. A realidade, indican desde esta asociación galega, é que moitos deses alumnos especiais mostran na aula unha actitude de cansazo porque aprenden moi rápido e unha vez que adquiren o coñecemento, a súa mente pide máis mentres que o grupo segue facendo tarefas repetitivas. En consecuencia, moitos deses mozos con alta capacidade abúrrense, son inquedos e molestan en clase, o que leva a tachalos de hiperactivos.


Samuel Gallego 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-05-2011 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal