Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A noite clave
A importancia destas eleccións, tanto no ámbito local como galego ou nacional, fai que Correo TV emita durante todo o día de hoxe unha programación especial centrada na información e na análise. No primeiro apartado, no das noticias, deterase especialmente en San¬tiago e comarca, mentres que o aspecto analítico estenderase ó conxunto do Estado. Ás dúas da tar¬de, Inés Dopazo presenta¬rá un avance informativo no que se dará conta da xornada da mañá, desde as nove en que abren os colexios electora¬is. Recollerase o ambien¬te en Santiago e comarca, así como as declaracións dos candidatos á óalcaldía compostelá, Ge¬rardo Conde Roa polo PP, Xosé Sánchez Bugallo polo PSOE e Rubén Cela polo BNG. Así mesmo, reali¬zaranse reportaxes sobre as votacións na zona rural, os turistas e peregrinos na cidade en día electoral, ademais de recoller o momento das votacións doutras personalidades que o exercen en Santiago, como os expresidentes Fernán¬dez Albor e Pérez Touriño.
A información volverá media hora antes do peche dos colexios, ás sete e media, para lles dar paso, a partir das oito, ás pri¬meras análises. Correo TV reunirá nos seus estudos a unha ducia de expertos, divididos en tres grupos, que irán co¬mentando o desenvolvemento do reconto e os resultados. O faladoiro combinará a información.
Moderada por Susana López, presentadora habitual de Faladoiro, as primeiras valoracións e comentarios serán a cargo de Luis Caramés, catedrá¬tico de Economía Aplicada; Xesús Veiga, profesor da Facultade de Económicas de Santiago; Anxo Quintanilla, director xerente do Con¬sorcio do Audiovisual de Galicia, e Carlos Luis Rodrí¬guez, redactor xefe de Opinión do Correo Galego. Estarán en directo entre as oito e cuarto e as nove e media aproximadamente.
A continuación, entrarán a debater María Jesús Sáinz, senadora do PP; Xavier Carro, deputado do PSOE no Congreso; Evaristo Nogueira, avogado e ex senador, e Néstor Rego, profesor de Secundaria e exportavoz do BNG de Santiago.
A terceira mesa de de¬bate, a partir das once, intégrana os candidatos Reyes Leis, do PP; Xaquín Fernández Leiceaga, do PSOE; Alba Nogueira, do BNG, e complétase con Ángel Seijo, redactor de El Correo Gallego. O programa terá unha duración de cinco horas, nas que se alternará información e opinión. Haberá conexións coas sedes dos partidos, onde estarán os equipos desprazados de Correo TV, así como cos elexidos dos municipios da comarca compostelá.

Samuel Gallego 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-05-2011 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal