Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UXT-Galicia márcase como meta lograr un sindicato "máis austero, máis transparente e máis eficaz"
O actual secretario xeral apela á unidade de acción nun conclave no que Feijóo apela a "reactivar o diálogo social".UXT-Galicia márcase como meta conseguir que o sindicato sexa "máis austero, máis transparente e máis eficaz" tras a celebración, este venres e sábado, do seu XII Congreso, no que o actual secretario xeral, José Antonio Gómez, opta á reelección no que sería o seu cuarto mandato (tras dous de catro anos e este último, de tres polo adianto do conclave).

Tras a apertura cun vídeo de Benjamín Prado e Almudena Grandes de recoñecemento do traballo de UXT, e unha actuación musical, tomou a palabra a secretaria de organización de UXT-Galicia, Irene Martínez, quen explicou que o congreso, que renovará os órganos de dirección e control do sindicato, decidirá cambios "profundos, os maiores desde o ano 1979, para poñer en marcha unha nova estrutura organizativa, máis sinxela, máis asentada nos centros de traballo, máis eficiente e fortemente sectorializada".

Así, pasará de seis a tres federacións (produción de bens e servizos, servizos e mobilidade e servizos públicos) e de oito a sete unións territoriais.

Sara Fernández, 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 08-05-2016 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
A alternativa galega á selectividade amplíase a España
Haberá un exame único para todas as universidades do Estado // Non se descartan, con todo, probas adicionais

A reválida de Bacharelato que establece a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) comezará a aplicarse o próximo ano, que será o primeiro sen as actuais probas de acceso á universidade (PAAU). En xuño de 2017, uns 400.000 alumnos de toda España someteranse a unha nova proba de avaliación (a reválida), que no seu primeiro ano non será requisito indispensable para obter o título de Bacharelato, pero si para acceder á universidade.

Esta nova proba será moi parecida á actual selectividade, segundo anunciou onte o Ministerio de Educación. Os alumnos examinaranse de oito materias: cinco troncais, dous opcionais e unha das específicas, a elección, nos dous últimos casos, dos estudantes. A nota final constará nun 60 % do resultado da avaliación e nun 40 % do expediente de Bacharelato, como ocorre na actualidade. A puntuación máxima seguirá sendo de catorce e posiblemente ponderaranse varias materias en función da titulación que se queira estudar.

Sara Fernández, 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 08-05-2016 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Vai ao hospital por primeira vez aos 106 anos
Vai ao hospital por primeira vez aos 106 anos para que lle operen a cadeira e xa está para andar. Ambas circunstancias sáldanse con éxito neste caso. Á lonxevidade hai que engadir un estado de saúde excelente (incluso o día do seu aniversario, en decembro, demostrou que pode ler sen problemas), Pero unha caída fai dúas semanas levouna ao Chuac.

Tras esas dúas semanas ingresada, e con bastante dor, chegou a intervención este martes. Con anestesia epidural, unha hora no quirófano e a colocación dun cravo. Onte pola tarde estaba de bo humor e con vitalidade. Abanicándose, falando con todo o mundo. Mellor que pola mañá, un pouco pachucha. Pero a súa mellora foi notable e rápida. Da operación saíra ata con fame. En teoría hoxe, mirarán si pode camiñar. E o especialista opina que si. «É unha campioa», declarou o traumatólogo. Haberá que esperar uns días. Consuelo Terande ten ganas, conta a súa neta, Elena Gagino, que leva todo este tempo facéndolle compañía. «Non aguanta na cama», chancea.

Nuria Vázquez Gómez, 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 01-05-2016 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Reclaman á Xunta un decreto específico para os santuarios de animais
Os santuarios de animais son instalacións onde son levados os animais para que vivan e estean protexidos polo resto da súa vida. Por regra xeral foron maltratados, abandonados, accidentados ou enfermos, rescatados de granxas de produción ou matadoiros. Nestes establecementos teñen a oportunidade de vivir da forma máis natural posible, libres de explotación.

Non son refuxios, aínda que algúns poidan ter esa dobre función e atópanse dentro dun baleiro legal. A administración obrígalles a cumprir coa normativa das explotacións gandeiras, aínda sen selo, pero non lles permite optar ás súas subvencións, precisamente porque non o son. Por iso piden un decreto ou norma específica e a creación dunha figura legal, reclamación compartida pola asociación animalista Libera.

Irene Iglesias Bastos, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-04-2016 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Volve o Galegote Rock a Pontevedra
Esta segunda feira (25 de abril) foi presentado o cartaz e programación da quinta edición do Galegote Rock organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e o Pontevedra ao Vivo.

Alberto Oubiña, responsábel desta área, acompañado de Marcos Rivas e os artistas Roger de Flor e Querido Extraño, sinalaron que se trata dunha actividade coa que visan dar a coñecer intérpretes e grupos de música de distintos estilos a través da música en directo ao tempo que promover a variedade musical que se está a producir na Galiza e en galego.

Nesta edición o festival introduce diversas novidades a respecto doutros anos como sesións infantís que decorrerán na Praza a Pedreira e que contarán con xogos e espectáculos dirixidos a toda a familia mais principalmente ás crianzas. Aliás, o Galegote tecerá pontes co programa Sétima Feira a través da actuación de Davide Salvado o sábado 14 de maio na Praza de Abastos da cidade do Lérez.

Porén, son moitos os grupos e artistas do panorama galego que compoñen o cartaz e cuxas actuacións serán de balde. Sokram, Poetarras, Familia Caamagno ou Camarada Nimoy son algúns dos nomes que se poderán escoitar.

Ana García Barandela, 2º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-04-2016 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Mar Maior, unha porta galega ao mundo.
De Galiza para o mundo, a editorial galega Mar Maior chegou a Arxentina “á conquista da diáspora”, en palabras de Xavier Alcalá, conselleiro do selo. Nacida da editorial Galaxia, Mar Maior presentouse onte na Feira do Libro de Bos Aires, a súa primeira escala internacional. A seguinte será Brasil e prevé tamén una parada en Uruguay, México e Cuba. “Mar Maior nace da necesidade de abrirse a outros idiomas que non sexan o galego e conectar coa diáspora, que vive xa na outra lingua pero que conserva a conciencia galeguista. Imos á conquista da diáspora, primeiro en castelán e despois en portugués”, subliña Alcalá na Feira do Libro porteña, que este ano ten a Santiago de Compostela como cidade invitada.

O primeiro libro publicado en Arxentina polo novo selo é un ensaio clásico na outra beira do Atlántico: Historia de Galicia (1984), do historiador e actual presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. Na edición local inclúe un ensaio actualizado da cidade de Bos Aires, o principal destiño da emigración galega nos séculos XIX eXX. “É una homenaxe á emigración. Para Galiza é imposible entender o século XX sen Bos Aires. Case o 50% dos galegos emigrantes se instalaron aquí”, di Villares, quen cre que na capital arxentina deuse unha “fusión especialmente feliz de masas de emigrados e elites”.

“En Arxentina saen algún títulos que son unha chamada de atención”, explica Alcalá. Entre eles A Esmorga, considerado un dos hitos da narrativa galega contemporánea, e O vidro roto. Contos para as Américas, de Emilia Pardo Bazán. Tamén chegan con outros tesouros, como catro libros de Cunqueiro, considerado un dos principais percursores do realismo máxico.

Mar Maior pretende difundir a cultura galega ao outro lado do Atlántico, pero tamén publicar a arxentinos de orixe galega para dalos a coñecer na Galiza. A elexida para inaugurar esta liña editorial é María Rosa Lojo, co libro álbum ilustrado El libro de los sinigulares y del único sinigual, publicado inicialmente en galego por Galaxia en 2010. Ao xeito dun bestiario fantástico, Lojo concibiu estes relatos breves acompañados de fotografías da súa filla Leonor Beuter. Asegura que non se trata dun libro infantil senón de “unha proposta de vangarda para un público sen limitacións”.

Ademais de cruzar fronteiras, a editorial se propón tamén mesturar xéneros e prevé a publicación de novelas adaptadas á banda deseñada e librodiscos nun futuro próximo.



Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-04-2016 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
A Garda Civil recupera o corpo do mergullador vigués Alex Macía
Mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil atoparon esta tarde o corpo de Alex Macía, instrutor de mergullo desaparecido onte entre a costa de Nigrán e as illas Cíes. Os axentes especiais deron co cadáver do mergullador nas inmediacións do pecio do Mar de Marín, pesqueiro afundido na ría de Vigo en abril do 2014 ao chocar contra o mercante Baltic Breeze, suceso no que faleceron catro pescadores e un quinto desapareceu. A recuperación do corpo requiriu dun operativo especial, ao atoparse a máis de 50 metros de profundidade, o que obrigou aos mergulladores a facer paradas de descompresión para emerxer ata a embarcación Río Guadalupe da Garda Civil, onde foi depositado o cadáver para o seu traslado a terra.

As operacións de procura renováronse ás 7,15 da mañá de hoxe, pero foi esta tarde cando os efectivos da Garda Civil descenderon ata o barco afundido, onde onte Alex Macía mergullouse cun compañeiro, que xa non o volveu a ver cando saíu á superficie.

O helicóptero Pesca I da Xunta renovara ás 11 horas de hoxe a procura do profesor de mergullo. Á procura aérea sumáronse durante a mañá efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil.

Alexis Víctor Macia Díaz era un mergullador moi experimentado de 44 anos, e dono da escola de mergullo Illas Cíes, situada nas andrómenas pesqueiras de Bouzas. O mergullador tiña muller e unha filla. Os primeiros indicios apuntan a que o adiestrador descendeu a 54 metros de profundidade e xa non puido regresar á superficie.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-04-2016 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Os químicos temen que a reforma universitaria devalúe os estudos nas universidades galegas
O Colexio Oficial de Químicos de Galicia, que celebra hoxe o seu 64 aniversario, expón abrir unha canle de diálogo coas universidades sobre o deseño das futuras carreiras.

O Colexio Oficial de Químicos de Galicia (COLQUIGA) está preocupado polas consecuencias que pode ter a recente reforma universitaria sobre os estudos universitarios de Química nas universidades galegas. A entidade de dereito público que representa aos profesionais da química na comunidade galega teme que a reforma universitaria, que prevé a partir do curso 2017-2018 a implantación de carreiras universitarias de tres anos en substitución das actuais de catro, devalúe os estudos de Química que poden cursarse nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. O Colexio Oficial de Químicos de Galicia quere transmitir á sociedade esa preocupación o día que celebra o seu 64 aniversario.

Sara Fernández, de 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-04-2016 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
A fotógrafa Julia Marie Werner atopouse durante a súa viaxe a España a un dos miles de cans que son abandonados cada ano polos seus donos.
A fotógrafa Julia Marie Werner atopouse durante a súa viaxe a España a un dos miles de cans que son abandonados cada ano polos seus donos.

Estaba nunha visita de traballo cando viu que un home se acercou a un can da rúa para tratar de que marchara. Cando o can a mirou, recordoulle a Simba, personaxe da película El Rey León e non puido deixalo aí, polo que o adoptou e o levou a vivir con ela a Alemaña.

A fotógrafa sospeita que Tschikko, nome que lle puxo ao can, foi arroxado dende un coche e o abandonaron na rúa durante tanto tiempo que o can incluso se desprezaba a si mesmo. Sen embargo, tras ser acollido, Julia cree que o animal non lembra os seus pasados traumas e agora está cómodo coa súa nova vida.

Aínda que ás veces ten demasiado medo, a Tschikko encántalle exploar coa súa mellor amiga e alá onde viaxa a fotógrafa, el a sigue. Por iso, en homenaxe a súa leal compañía, Julia decidiu crear a reportaxe “O león da gran cidade”, coma se se tratara do rei da xungla. A serie de fotografías débese a que o seu can ensinoulle que “non importa de onde veñas, mentres sexas curioso e teñas un sorriso na cara, non hai nada que non podas ser.”

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-04-2016 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Cervantes e Shakespeare, dous xenios recrutados para a causa do libro
Miguel de Cervantes e William Shakespeare son dous alicerces do canon literario. O primeiro inventou o xénero de maior éxito, a novela, cun Quixote que nunca esgota lecturas e interpretacións e que foi espello, para mirarse ou para rompelo, de toda xeración posterior de escritores. O segundo consagrou o teatro como o gran escenario do mundo, onde se dirimen os avatares humanos: apenas hai conceptos -o amor, a vinganza, a lealdade- que non percibamos hoxe a través da formulación do dramaturgo.

A súa xenialidade bastaría para honralos sen maior pretexto, pero ambos foron recrutados a favor dunha causa á que xa contribúen coas súas obras e que os erixiu en símbolo: a reivindicación do libro como artefacto cultural de primeira orde e transmisor do saber, unha posición que hoxe en día se ve, senón ameazada, polo menos rachada. Así, Cervantes e Shakespeare encarnan cada 23 de abril a defensa do libro, en virtude dun azar biográfico -ou quizá un capricho das musas- que quixo que falecesen na mesma data de 1616; neste 2016, hai 400 anos: aniversario redondo.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-04-2016 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [37]
© by Abertal