Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dúas novas rutas dos trens turísticos de Galicia súmanse ás sete clásicas
A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, enxalzou este sábado as dúas novas rutas que se suman ás sete clásicas e ao tren peregrino nesta cuarta edición dos trens turísticos de Galicia, que comezará o próximo sábado 11 de xuño coa ruta dos faros, que percorre parte da costa coruñesa e lucense.

En concreto, trátase dun total de nove rutas que percorren en tren a xeografía galega: a ruta polos pazos e xardíns históricos de Galicia; a dos faros; a do viño das Rías Baixas; a dos viños de O Ribeiro-Rías Baixas; a do viño da Ribeira Sacra; a do viño de Monterrei; a dos viños de Valdeorras-Ribeira Sacra; a termal e do Camiño do Norte; e a da lamprea e o viño do Condado do Tea.

A continuación, a ministra de Fomento en funcións explicou que as rutas que duran un día realizarán un total de 55 saídas durante este verán e o comezo do outono, mentres que o tren peregrino fará catro -- de cinco días cada unha -- nos meses de xullo e agosto. En concreto, este último tren viaxará dende Madrid a Santiago e durante o percorrido os viaxeiros poderán realizar tres etapas do Camiño a pé ou en bici.

Deseguido, sinalou que se volverá poñer en marcha o bono 'Galicia Rail Pass', que permite viaxes ilimitadas durante tres días en servizos de media distancia, convencional, longa distancia, Avant e Renfe Feve.

Tras detallar estes servizos, enumerou os datos do pasado ano. Así, no 2015 producíronse un total de 57 saídas dos trens que realizaban rutas dun día, a ocupación media do cal ascendeu ao 88 por cento. Pola súa banda, o tren peregrino realizou un total de catro saídas e logrou unha ocupación media do 100 por cento.

Así mesmo, Ana Pastor tamén se referiu a outros trens que, ademais de percorrer Galicia, tamén percorren a xeografía española: o tren Al Andalus, ao Transcantábrico Clásico e o Transcantábrico Gran Lujo. o primeiro está considerado o tren de luxo máis amplo e espazoso do mundo.

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 05-06-2016 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Asuntos Internos investiga a dous policías en busca de tres armas
Os policías adscritos á unidade de Asuntos Internos, encargados de investigacións relacionadas coa corrupción policial, seguen na Comisaría de Ourense. Regresaron á cidade tras coñecerse que o policía que se quitou a vida no seu despacho de traballo do 10 de abril autoinculpouse na substracción de seis armas no búnker de custodia (armeiro), facilitando só a recuperación de tres delas.

Ese mesmo policía, a través do correo electrónico e mensaxes telefónicas, entonaba o "miña culpa" na investigación que deu pé a que Asuntos Internos estivese o pasado ano na Comisaría e instruíse a chamada operación Zamburiña contra o tráfico de drogas, na que catro policías figuran como imputados por facer a vista gorda con algún suposto traficante da cidade. Asuntos Internos iniciou unha nova investigación para saber si o axente falecido, Celso B. A. (48 anos), contou con algún colaborador dentro da Comisaría para substraer as armas, o asunto de fondo que atraeu aos policías de Madrid a Ourense. A finais da pasada semana, inspeccionouse de novo as taquillas policiais, pero nesta ocasión só dúas. As pertencentes a dous inspectores amigos do axente morto, un deles xefe de Celso B. fai anos e actualmente de baixa. Así mesmo, inspeccionaron un despacho, pero non atoparon nada anómalo.

Fontes policiais aseguran que non se sabe de certo canto tempo seguirán estes axentes en Ourense. Polo momento, na substracción das armas figura como único responsable o axente que se quitou a vida, precisamente cunha delas. Así mesmo, por orde xudicial, se inspeccionou o ordenador que utilizaba a vítima, así como o seu teléfono móbil. Fontes policiais cren que as tres armas que faltan por localizar serán difíciles de atopar dado o tempo transcorrido.

Nuria Vázquez Gómez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 05-06-2016 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta recorta case á metade a axuda ás viaxes das mulleres que teñen que abortar en Madrid
O Sergas rebaixa a subvención e aumenta os requisitos para as pacientes que ven obrigadas a desprazarse para someterse a un aborto terapéutico que non está garantido con asistencia continuada en Galicia.

A polémica polas precarias condicións na que as mulleres no segundo trimestre de xestación interrompen o seu embarazo destapou os numerosos defectos no funcionamento dos protocolos sanitarios. A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto (PGDA) advertiu que en varios hospitais públicos galegos non se garante a asistencia necesaria, nin a dunha matrona nin a do persoal médico idóneo, ou que mesmo as pacientes deben expulsar o feto en solitario nun baño. Varias afectadas relataron as súas duras experiencias e ducias delas contactaron co colectivo para contar tamén o seu caso. A Xunta anunciou unha investigación ante o recoñecemento, mesmo desde hospitais públicos, de que a asistencia médica completa non estaba garantida e de que puido haber deficiencias, pero negouse a cambiar o protocolo e rexeitou que os problemas se habían debido aos recortes. A alternativa do Sergas para garantir unha asistencia médica completa e o acompañamento continuo da muller é acudir a unha clínica privada en Madrid. Pero os gastos teñen que ser adiantados polas afectadas e as limitacións son importantes. Agora, ademais, a contía que sufraga a Xunta para o desprazamento rebaixouse case á metade mentres se aumentaron os requisitos para poder acceder á subvención.

Sara Fernández de 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 29-05-2016 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Venecia premia a resposta creativa da arquitectura española á crise
O chileno Alejandro Aravena expuxo a Bienal de Venecia de arquitectura como un mostrario das posibles respostas que a disciplina pode ofrecer a retos perentorios, como a demografía ou a sustentabilidade. A eles España engadía outro de impacto notable, e que centra a proposta do pavillón español, comisariado polo galego Carlos Quintáns e Iñaqui Carniceiro: a profunda pegada que a crise económica e a picada da burbulla inmobiliaria deixaron no país. A Bienal recompensou esta formulación co León de Ouro, o segundo que recibe España no certame italiano. O xurado valorou especialmente a «singular selección de arquitectos emerxentes cuxos traballos mostran como a creatividade e o compromiso poden transcender os límites materiais».

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 29-05-2016 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
A escena galega e a lusa únense en «Ou mundo persistente»
Ou mundo persistente é o novo espectáculo froito do Proxecto Nós, un programa de encontro teatral entre a escena galega e a portuguesa que arrincou no 2015 coa montaxe de Bilingue/Bilingüe . Esta segunda produción conxunta, neste caso coordinada desde o Centro Dramático Galego (CDG), estrearase o próximo 1 de xuño no Salón Teatro de Santiago, onde se representará ata o día 5. Posteriormente, a obra será escenificada no Teatro Carlos Alberto do Porto e no Teatro D. María II de Lisboa , con cinco funciones tamén en cada un dos lugares.

A peza teatral, escrita por Fernando Epelde e coa dirección artística de Tito Asorey, conta coa participación da Escola Superior de Arte Dramática (Esad) de Galicia e as escolas superiores do Teatro e Cinema de Lisboa, ademais dos teatros nacionais portugueses D. María II e Sãou Jõao. «A idea deste proxecto foi retomar a senda da colaboración periódica entre o ámbito escénico galego e portugués e darlle esa dimensión pedagóxica, que nos parecía tamén importante», asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou na presentación do novo espectáculo xunto á directora do CDG, Fefa Noia, ao director artístico do espectáculo, Tito Asorey, e á vicedirectora da Esad, Cristina Domínguez. Tamén acudiron os alumnos -todos están na recta final dos seus estudos- que conforman o elenco de actores.

O director Tito Asorey destacou que Ou mundo persistente, que foi escrito especificamente para este proxecto por Epelde, é un espectáculo «arriscado a nivel técnico e humano», no que quixeron abordar a liberdade ficticia na actualidade mediante a historia duns mozos que emprenden unha viaxe inmersos nun mundo virtual.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-05-2016 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Italia, Malta e Portugal destino dos ourensáns no Programa Galeuropa
A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense vén de solicitar un total de 14 prazas de mobilidade dentro do Proxecto Galeuropa 2016 con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil para que 14 os mozos menores de 30 anos do Concello de Ourense poidan realizar prácticas profesionais.

Os mozos poderán elexir entre Italia (4 prazas), Malta (5) e Portugal (5), e tal e como ocorrera o ano pasado, irán con todos os gastos cubertos como os que tiveron a oportunidade de traballar en diferentes empresas de Londres durante 3 meses. A concelleira Sofía Godoy márcase como prioridade “apoiar a formación da mocidade galega, ademais de que así poidan adquirir "dominio de idiomas estranxeiros". O programa Galeuropa, vai dirixido a mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan menos de 30 anos. Ademáis a Concellería realizará un curso de apoio do idioma do país de destino da persoa seleccionada.

Nuria Vázquez Gómez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-05-2016 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Doce artistas debuxan a figura de Cela nunha mostra de arte contemporánea no centenario do seu nacemento en Padrón
Un total de doce artistas contribúen cunha obra propia de arte contemporánea na Fundación Pública Galega Camilo José Cela para ofrecer a súa visión particular sobre o autor no marco da celebración do centenario do seu nacemento. A exposición foi inaugurada este venres, día 20, e permanecerá aberta ata o 24 de setembro.

En concreto, as obras expostas na fundación, situada en Padrón (A Coruña), son de Ramón Corbato, Elena Fernández Prada, Mery Pais, Amaya González Reyes, Chelo Matesanz, Carme Nogueira, Jorge Perianes, Laura Piñeiro, David Catá, Edu Valiña, Jesús Madriñán e Paulova, como indicou nun comunicado a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inauguración da mostra foi presentada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e a comisaria, Paula Cabaleiro; nunha rolda de prensa. Ademais, os artistas realizaron un percorrido guiado pola exposición e que tamén contou cunha 'performance' de David Catá.

Así mesmo, o título da exposición: 'Compañías convenientes, Diálogos contemporáneos co home poliedro' consiste nunha selección de artigos do autor da 'familia de Pascual Duarte' e unha das súas citas. Ademais, o secretario xeral de Cultura destacou o "valioso legado" que contén a fundación e que consiste en coleccións de pintura e ilustracións, así como nun compendio dos manuscritos orixinais de Cela e diversas coleccións.

Selena González, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-05-2016 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
O Sergas esixe ao seu persoal certificar non ter condenas por delitos sexuais
Todo o persoal sanitario, auxiliares e celadores da sanidade pública que no desenvolvemento do seu traballo estean en contacto con menores terán que probar non ser condenados por delitos sexuais no últimos trinta anos para poder continuar ocupando as súas actuais funcións. A dirección xeral de Recursos Humanos do Sergas comezou a remitir aos seus traballadores do servizo de pediatría, atención especializada, primaria e urxencias unha carta dos seus respectivos xerentes territoriais na que se lles insta a achegar unha certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na que se declare non contar con ningún tipo de condena xudicial firme por delitos de carácter sexual, como violacións, agresións sexuais, abusos, acoso, pornografía infantil, explotación sexual, prostitución, exhibicionismo, provocación sexual e corrupción de menores. A esixencia que está a formular o Sergas baséanse na esixencia introducida coa reforma da Lei de Protección Xurídica do Menor, que trata de evitar o contacto cos nenos e adolescentes de profesionais condenados por delitos sexuais.

Sara Fernández, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-05-2016 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
O bus iFala recorre Galicia para dar a coñecer as Irmandades
«Fai xove algo que ten un século mais mostra unha vixencia alucinante. Ficamos nós mesmos emocionados co produto», isto comentaba onte o escritor Carlos Quiroga, un dos compoñentes de Ora Galega, a entidade que promoveu a declaración do 2016 como Ano das Irmandades e a que propuxo a Deputación da Coruña a posta en marcha dun autobús que recolle a historia da histórica entidade. O bus, do ano 1964, iniciou onte a súa andaina no Obelisco da Coruña e tamén estivo nas inmediacións de Riazor, antes do partido Galicia-Venezuela. Moncho do Orzán, membro de Cántigas da Terra e de Ora Galega, insistiu «na teima de que as Irmandades tiñan que conmemorarse en todo o país. A exposición ofrece unha liña do tempo desde os Mártires de Carral até o golpe de 1936 cunha información básica que se pode completar no aplicativo e na páxina de iFala». A presenza do bus, que mañá estará en Betanzos, incluirá ademais da exposición diversos actos con lectura de textos e música. Parte da música xa está na canción de Poetarras: «Hai bravas, hai soños, hai ganas, hai pobo, hai todo... iFala». Elvira Souto, tamén de Ora Galega, destacou a colaboración de asociacións e entidades como a Deputación de Lugo. A vicepresidenta da Deputación coruñesa animou a acercar se a un bus onde se ve como «as Irmandades son algo vivo e que, como di a lenda do proxecto, hai fala».

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-05-2016 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
O Liceo inicia o vindeiro martes unhas “Xornadas de Viño e Cultura”
O vindeiro martes darán comezo no Liceo unhas "Xornadas de Viño e Cultura", organizadas polo profesor Xabier Castro, as cales terán a súa segunda cita o vindeiro mércores 1 de xuño. Nesta primeira xornada se tratará o tema de Miguel de Cervantes e o viño de Ribeiro, coa participación de Cristina Alcalá e unha cata de viños xenéricos desta Denominación de Orixe. Ao longo do encontro se lerán breves textos en prosa do autor e se proxectarán fragmentos curtos de películas. A segunda figura literaria que se abordará nestas xornadas será a de Eduardo Branco Amor, a quen se enmarcará no contexto da cidade de Ourense por parte de Manuel García Docampo. A inscripción nesta iniciativa que pretende conxugar literatura e gastronomía, permitirá acompañar a cata dos caldos do Ribeiro con "petiscos" de pan artesano, queixo e fiambres galegos de calidade.

Nuria Vázquez Gómez, 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-05-2016 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [37]
© by Abertal