Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Primeiras variedades galegas de oliveira recoñecidas oficialmente
As investigacións do grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia, permitiron o recoñecemento oficial de dúas variedades de oliveira autóctonas de Galicia, a Brava galega e a Mansa galega en virtude da resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do 23 de outubro de 2017.
Por primeira vez dúas variedades galegas de oliveira obteñen o recoñecemento oficial e legal. O patrimonio varietal da oliveira en Galicia, descoñecido ata a data, convértese así no máis occidental da Europa continental.
A existencia de oliveiras e o seu cultivo en Galicia esténdese principalmente polo sur da provincia de Lugo e distintos puntos das provincias de Ourense e Pontevedra. Os olivareiros, unha vez se acade a produción necesaria de planta, poderán comezar a plantar Brava Galega e Mansa Galega e utilizar a denominación destas variedades nas etiquetas dos seus aceites embotellados.
Na actualidade está en marcha un proxecto de investigación cuxo obxectivo é continuar coa recuperación do oliveiral autóctono galego e a súa posta en valor.
España presenta a maior diversidade do mundo con respecto as variedades de oliveiras, e é tamén primeira en superficie (Andalucía concentra o 62% do total).

Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 18-11-2017 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
O encontro internacional 'Compostela ilustrada' reúne en Santiago a 13 dos mellores ilustradores do mundo
Dirixido por Miguelanxo Prado, o encontro desenvolverase do 9 ao 12 de novembro, e os participantes sairán a debuxar as rúas e espazos emblemáticos de Santiago desde moi diferentes perspectivas.
O programa inclúe as xornadas de ilustración urbana, varios talleres, catro exposicións, presentacións de libros e rutas que combinan gastronomía e debuxo
Entre os ilustradores figuran Alfredo, premio nacional de ilustración 2017, e o mestre Munehiro Ikeda, autor do primeiro caderno de viaxe do Camiño de Santiago



Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-11-2017 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Un galego, na elite dos biólogos moleculares.

Manuel Irimia (Mozambique, 1981) sempre o tivo claro. Quería estudar xenética. E foi así como aos 18 anos colleu as maletas «por consello de Anxo Carracedo» para facer a carreira na Universidade Complutense de Madrid, realizar o doutoramento na de Barcelona e o posdoctorado nas de Stanford (Estados Unidos) e Toronto (Canadá). A partir de aí a súa carreira foi meteórica. É desde hai varios anos director do grupo de Transcriptómica do Desenvolvemento e Evolución de Invertebrados do Centro de Regulación Xenómica (CRG) de Barcelona e, con tan só 33, accedeu ao elitista programa Starting Grant do Consello de Europeo de Investigación (ERC), algo moi pouco usual. Son recoñecementos aos que agora se suma a súa entrada no EMBO Young Investigator Programme, un destacado recoñecemento da Organización Europea de Bioloxía Molecular (EMBO) co que se distingue aos mellores e máis prometedores xefes de grupo menores de 40 anos na área de ciencias da vida.




Aitana Lanzós Gómez
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 04-11-2017 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
A ciencia en galego sobre todo en novembro
Dende que, no ano 2001, a UNESCO declarase o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser en Galicia o Mes da Ciencia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia promove a celebración do mes da ciencia en galego cunha programación de actividades no mes de novembro.
A divulgación do coñecemento científico e a importancia da ciencia en todos os ámbitos da vida é o obxectivo central da programación, que inclúe propostas para todos os públicos. Proxeccións audiovisuais, obradoiros para experimentar, espectáculos de maxia, contacontos, guías de lectura, documentais, exposicións, conferencias, un certame de microrrelatos matemáticos,… son algunhas das propostas que se desenvolverán nas bibliotecas públicas de toda Galicia.
Así mesmo, anímase a tódolos científicos e científicas, e á comunidade educativa, a “faceren e a divulgaren ciencia na lingua propia de Galicia, e tamén a poñer en valor as figuras dos referentes galegos da ciencia”.
Desde o Portal da Lingua Galega, en www.lingua.gal, preséntanse as mellores prácticas e recursos elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega para sumárense, dende o ensino, á conmemoración do Día da Ciencia en Galego.




Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 04-11-2017 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
O Congreso solicita a devolución das estatuas do Pórtico da Gloria en mans dos Franco
 Imaxes de Abraham e Isaac reclamadasA Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados aprobaba na súa reunión desta semana, solicitaralle á familia Franco que devolva as estatuas do Pórtico da Gloria que custodia no Pazo de Meirás. A sección da cámara acordou por unanimidade unha proposición non de lei para que o Goberno faga todo o posible por conseguir o retorno ao dominio público destas pezas patrimoniais. Na mesma, solicítaselle ao executivo que realice "as comprobacións pertinentes" para verificar se a posesión das estatuas supón unha privación dun xeito inxusto e violento das mesmas, e que empregue todos os medios necesarios, para conseguir a súa devolución ao Concello de Santiago.

Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-10-2017 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
A UE destinará o Premio Princesa de Asturias ás vítimas dos incendios en Portugal e España

O pleno da Eurocámara gardou un minuto de silencio ao comezo da súa sesión en Estrasburgo para lembrar ás vítimas dos incendios forestais que arrasaron recentemente a Portugal e España, ás que a Unión Europea destinará a dotación de 50.000 euros do Premio Princesa de Asturias que recibiu o pasado venres en Oviedo.
Máis de 40 persoas pereceron nos incendios en Portugal nas últimas semanas, mentres que catro persoas morreron na vaga de incendios que afecta a Galicia.
Este ano en Europa queimáronse máis de 750.000 hectáreas de bosques e máis de 100 persoas perderon a vida en Portugal e nos últimos incendios.
España e Portugal acordaron traballar conxuntamente para mobilizar o Fondo de Solidariedade da UE para obter axudas comunitarias para paliar os enormes danos provocados polos incendios, segundo anunciou o presidente do Goberno, Mariano Rajoy.




Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-10-2017 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Federico José Luppi
Federico José Luppi naceu en Bos Aires o 23 de febreiro de 1936 nunha modesta familia de ascendencia italiana e morreu en Bos Aires este venres 20 de outubro de 2017, aos seus 81 anos nun centro hospitalario de Buenos Aires tras non recuperarse dun hematoma na cabeza que sufriu o pasado mes de abril, cando tropezou e deuse un golpe na cabeza. Foi un actor arxentino, que tiña tamén a cidadanía española por carta de natureza. Obtivo numerosos premios ao longo da súa carreira actoral, entre os que se conta unha Cuncha de Prata no Festival de San Sebastián. Como moitos outros actores, pasou por diversos traballos antes de probar sorte no teatro.
O ministro de Cultura de Arxentina, Pablo Avelluto, asegurou que Luppi “foi un dos maiores actores” do país, un “artista único e querido, dentro e fóra dos escenarios”. En declaracións a Efe, o titular de Cultura do Goberno de Mauricio Macri considerou que o cinema e o teatro arxentinos “non serían iguais” sen a contribución do intérprete. “Federico Luppi foi un dos maiores actores do noso país. Quédannos interpretacións memorables de decenas de personaxes”, engadiu Avelluto. “Estrañarémolo. Quédanos o testemuño dun artista único e querido, dentro e fóra dos escenarios”, concluíu.



Ana Ramos Gallego
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-10-2017 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Intervéñense 291 quilos de peixe espada nun control contra o furtivismo en Vigo
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia interveu 291 quilos de peixe espada nun operativo contra o furtivismo desenvolvido no porto do Berbés, en Vigo.
O peixe comisado atopábase nun almacén dunha empresa de transporte de mercadorías en frío.
A mercadoría que foi entregada ao Banco de Alimentos de Vigo, interveuse xa que carecía de documentación que avalase a súa legalidade.
Este operativo enmárcase no conxunto dos controis que efectúa diariamente o Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros.




Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-10-2017 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia arde en pleno outubro: máis de 4.000 hectáreas queimadas
Son nove os incendios que ponen en risco á población. La Xunta denuncia una «clara intencionalidade». Hasta 80 fuegos foron rexistrados desde onte.

Máis de 4.000 hectáreas foron arrasadas polos oitenta incendios que se registraron en Galicia dende onte, una alta e virulenta actividade incendiaria na que a Xunta ve «clara intencionalidade». Dende as 12.00 de este domingo desataronse un total de 25 fuegos, que se suman aos 55 contabilizados aonte. Oito deos 80 incendios teñen nivel 2 de alerta, que supón unha situación de risco real para a población. Trátase deos fuegos de Ponteareas, Cervantes, San Cristovo de Cea, As Neves, Gondomar, Salvaterra de Miño, Baños de Molgas y Chandrexa de Queixa.



Sofía Vecillas López
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 15-10-2017 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta activa as medidas fronte á seca
O presidente da Xunta,anunciou este mércores a activación dunha batería de medidas para paliar os efectos da seca no ámbito agrario na comunidade, á vez que incidiu na importancia de aumentar a coordinación entre administracións, e apelou ao uso comedido da auga para evitar restricións futuras.
O paquete de medidas extraordinario activado para apoiar aos agricultores e gandeiros galegos afectados pola seca contempla destinar 1 millón de euros nas anualidades de 2017 e 2018 a axudas para financiar infraestruturas que faciliten a subministración.
Como subvencionables nas explotacións agrarias sitúanse as estruturas para o abastecemento de auga (balsas de almacenamento ou pozos de barrena). Tamén os equipos para a mellora do abastecemento de auga ao gando como cisternas móbiles ou bebedoiros móbiles.
Ademais, este tipo de actuacións poderían ser tamén subvencionadas a través da orde de axudas para plans de mellora das explotacións de 2018. A contía que se perciba será como tope o 50 por cento do investimento, non superando o importe máximo da subvención por beneficiario os 5.000 euros




Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 15-10-2017 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal