Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta crea as Medallas Emilia Pardo Bazán, destinadas a persoas e entidades que traballan pola igualdade
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a creación das Medallas Emilia Pardo Bazán, destinadas a recoñecer o traballo de persoas e entidades pola igualdade entre home e mulleres. En concreto, concederanse tres premios e a entrega será o próximo 16 de setembro, coincidindo co aniversario do nacemento da escritora que lles dá nome.

O Goberno galego aprobou este xoves o inicio da tramitación do anteproxecto de decreto polo que se establece esta condecoración que recoñecerá a individuos, colectivos, entidades privadas ou institucións públicas que levan a cabo actuacións no ámbito da igualdade. Na comparecencia posterior á reunión semanal co seu Executivo, Feijóo explicou que as medallas levarán o nome da escritora galega Emilia Pardo Bazán por ser precursora de ideas de igualdade de dereitos a través da súa literatura e reivindicativa da educación das mulleres.

Sofía Cougil García, 2º Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
O toque de Gerson Iglesias
A cociña de Gerson Iglesias ten matices de Rock & Roll como sonido ambiental e nela móvese coa axilidade dun experimentado xogador de rugby, sen derribar a ninguén, obviamente, pero coa firmeza e seguridade necesaria para que cada produto se elabore para acadar o "ensaio" vencedor.
Chegou ao mundo da cociña case sen pretendelo, pero, prato a prato, se foi enganchando e dándose conta que, dende sempre, houbo algo no seu cerne que lle decía que o seu futuro era ser cociñeiro. Hoxe en día séntese satisfeito coa súa elección e ata confesa que de deixalo, non sabería que facer. El é Gerson Iglesias, cociñeiro en Adega das Caldas, compoñente do grupo Cociña Ourense, e hoxe finalista a ser Cociñeiro do ano en Galicia.
Lucía López, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Valga reúne na exposición “Mulleres Galegas” 14 figuras destacadas da ciencia e a cultura
A exposición “Mulleres Galegas”, que reúne a catorce figuras que destacaron polas súas aportacións á ciencia, ás humanidades e ao coñecemento, pode verse no Auditorio Municipal ata finais do mes de marzo. A mostra forma parte do programa “Valga Violeta” para a concienciación en igualdade e a prevención da violencia de xénero e recolle os principais logros das seguintes mulleres:

Ángeles Alvariño González (Ferrol 1916, California 2005) Oceanógrafa, doutora en psicoloxía experimental, química analíca e ecoloxía vexetal.
Concepción Arenal Ponte (Ferrol 1820, Vigo 1893) Intelectual que profundizou nas problemáticas xurídicas e penitenciarias e a situación marxinal da muller.
Emilia Pardo Bazán (A Coruña 1851, Madrid 1921) Novelita, xornalista, crítica literaria e ensaísta, editora, catedrática que introduce o naturalismo en España.
Francisca Herrera Garrido (A Coruña 1869, A Coruña 1950) Poeta e narradora, primeira académica electa da Real Academia Galega.
Luz Pozo Garza (Ribadeo 1922) Docente, escritora e editora de publicacións literarias.
Pura Lorenzana Prada (Vilasante 1907, Santiago 1997) Docente e historiadora que desenvolveu unha intensa labor investigadora vencellada á reforma educativa, especialmente orientada á muller.
Rosalía de Castro (Santiago 1837, Padrón 1885) Figura emblemática da literatura española do século XIX e do Rexurdimento galego
Sofía Pérez Casanova (A Coruña 1861, Poznan – Polonia 1958) Poeta, novelista e xornalista. Foi a primeira española corresponsal de guerra.
Nas últimas xornadas, a Concellería de Benestar Social e Igualdade puxo en marcha outras actividades de sensibilización e promoción da igualdade de xénero, como a colocación de cartelería en edificios públicos, centros educativos ou locais comerciais de Valga; a iniciativa “Poesía de mulleres para mulleres”, consistente na distribución de tarxetas con poemas en locais municipais; ou a divulgación do flashmob “O ruxido”, gravado o pasado.
Ester Barreira, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
O Carballiño reivindica o seu entroido

O Carballiño, Xinzo e Verín pecharon o entroido máis atípico que se recorda nos últimos anos. A vila carballiñesa atraeu a miles de persoas durante toda a xornada, marcada polas actividades da Festa dá Cachucha. Dous grandes desfiles, pola mañá e pola tarde, e a posibilidade de degustar o menú da convocatoria gastronómica en máis de vinte establecementos do Carballiño -con prezos que oscilaban entre os 12 e os 25 euros- convertéronse no gran atractivo da xornada.

Desfile en Xinzo e piñata en Verín
Desde o Concello apostouse por potenciar unha convocatoria singular, a celebración dos 25 anos da Festa dá Cachucha, e para os desfiles e a animación contouse coa participación dos Liborianos, seis charangas, nove comparsas o entroido de Amoeiro e agrupacións como Valparaíso de Francelos (Ribadavia), Os Solfamidas (Campo Lameiro) e os folións Fradelo, Tameiron e Arrieiros de Petín.
Dous dos puntos do «triángulo maxico do entroido» tamén despediron o seu entroido na xornada dominical. En Xinzo de Limia contaron con música, animación e un concerto. En Verín cumpriuse coa tradición do domingo de piñata.

Paula Vázquez 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Declaran o 12 de xaneiro 'Día da Morte Digna en Galicia' en honra a Ramón Sampedro


A asociación Dereito a Morrer Dignamente declarou o 12 de xaneiro como
'Día da Morte digna en Galicia' na honra a Ramón Sampedro, o veciño de Porto
do Son (A Coruña) que viviu prostrado nunha cama desde os 25 anos debido a
unha tetraplexía e que se converteu nunha icona da loita pola eutanasia.
Sampedro, paralizado de pescozo para abaixo tras sufrir un accidente na praia
de As Furnas (Porto do Son), puxo fin á súa vida o 12 de xaneiro de 1998 tras
anos de loita nos xulgados para reclamar o suicidio asistido e que quen o
auxiliase non se enfrontase a un delito.
Na súa memoria, a asociación DMD Galicia declara o 12 de xaneiro 'Día da
Morte Digna en Galicia' cando se cumpren 21 anos do falecemento de
Sampedro por envelenamento de cianuro potásico facilitado pola súa
compañeira sentimental Ramona Maneiro, quen, sete anos despois e tras
prescribir o delito, admitiu fornecer a substancia.
O colectivo organiza este sábado en Xuño (Porto do Son) unha xornada
dividida en tres actos na que lembrarán ao mariño e escritor galego.
Pola mañá, DMD Galicia instalará unha mesa informativa no mercadillo de
Santa Uxía de Ribeira (A Coruña) a partir das 11,00 horas. Ás 17,00 horas, a
praia de As Furnas acollerá un acto en recordo de Ramón Sampedro. O
presidente da asociación a nivel federal, Javier Velasco, clausurará a xornada
cunha conferencia.

Sofía Vecillas.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
O gaélico escocés resístese a desaparecer entre a mocidade de Highlands e Hébridas.

O gaélico escocés, noutrora lingua estendida e falada por toda Escocia, está
actualmente en risco crítico de desaparición. Ten algo máis de 90.000 falantes,
58.000 dos cales están en Escocia e o resto naqueles países onde existen
importantes comunidades escocesas froito da emigración, como Canadá,
Estados Unidos ou Australia. En Escocia é o norte do país unha das zonas
onde a lingua ten unha comunidade de falantes se ben este mantense baixo
mínimos. Unha situación que é perceptíbel principalmente entre a mocidade.

Un  estudo  sobre a realidade da mocidade das Highlands e illas Hébridas na
que tomaron parte 3.130 mozos e mozas indica que 31% dos xóvenes tiñan
algún coñecemento do gaélico-escocés. Debullada esta porcentaxe, 7% dos
mozos e mozas desas comarcas din poder falar gaélico por un 24% que din
que poden facelo un "pouco" ou "algo".  En 2011 era 8% da mocidade desas
áreas quen podía falar ese idioma.

No conxunto de Escocia,  os escoceses que afirman que falan gaélico son
57.600, o que representa apenas 1,1% da poboación . E 25.000 deles din que
empregan ese idioma habitualmente. En 2001 a cifra de falantes era de 58.600.
Porén, é na mocidade onde se está a dar un cambio a positivo a respecto do
idioma propio do país. Nas franxas por baixo dos 18 anos aumenta a
porcentaxe de gaélico-falantes. Nunha década pasou do 0,9% ao 1,2%.

Alén dos 57.600 escoceses que din saber falar gaélico hai outros 30.000 que
afirman que o entenden e teñen coñecementos do idioma. Por zonas, 61% dos
habitantes das Illas Hébridas coñecen o gaélico, así como 7,4% dos que viven
nas Highlands. En Glasgow 1,7% da poboación fala gaélico (perto de 10.000
persoas).

Sara González Belloso, 2º Bacharelato, nº14
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Os trens turísticos de Galicia estrearan novas rutas para o Camiño De Santiago.


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe en Fitur as novidades da sétima edición dos Trens turísticos de Galicia, unha das propostas de máis éxito dos últimos anos e que este ano incorporará unha nova ruta polos Camiños de Santiago para descubrir gran parte do patrimonio galego a través de diferentes tramos do Camiño Inglés, do Camiño do Norte, do Camiño Francés e do Camiño Primitivo.
O expositor de Galicia na 39ª edición de Fitur, en Madrid, acolleu a presentación, na que tamén participaron o xerente da Área Comercial de Renfe, Escolástico González López, e o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, as tres institucións que fan posible os Trens turísticos de Galicia.
O novo itinerario que botará a andar por vez primeira nesta edición achegará aos viaxeiros á realidade viva da peregrinación xacobea. Saíndo da cidade da Coruña (Camiño Inglés) achegarase ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes (Camiño do Norte), á cidade de Lugo (Camiño Primitivo) e ao mosteiro de Samos (Camiño Francés). Percorrerá así catro dos dez itinerarios xacobeos en Galicia e, como explicou Nava Castro, reforzará á Ruta dos Mosteiros, iniciada a temporada pasada, ao incluír neste novo itinerario “dous importantes exemplos do extenso e rico patrimonio monacal galego, ambos estreitamente vinculados aos camiños xacobeos de peregrinación”.
Preto de 60 saídas
A nova edición dos Trens Turísticos de Galicia manterá presentes as xa coñecidas Ruta dos Faros, Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, Ruta da Lamprea, a Ruta Ourense Termal e Versalles galego, os seis trens turísticos que percorren os territorios de cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra –en ambos os dous ríos, Sil e Miño–, O Ribeiro e Valdeorras), así como a Ruta dos Mosteiros que, tras o éxito do ano pasado co 100% de ocupación, duplicará as súas saídas nesta edición.
En total, os viaxeiros poderán desfrutar nesta edición de ata 12 itinerarios temáticos diferentes, que farán un total de 57 saídas entre os meses de xuño e outubro e que suman máis de 16.000 quilómetros de percorridos polas catro provincias.
O mellor ano da súa historia
Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia puxo de manifesto o crecente atractivo desta iniciativa impulsada conxuntamente pola Consellería de Cultura e Turismo, Renfe e o Inorde. De feito, como recordou, en 2018 pechou temporada cun 93% de ocupación, a mellor da súa historia e con preto de 2.300 viaxeiros.
O ano pasado acadouse o 100% de ocupación en tres das 12 rutas programadas: a Ruta dos Faros, da Ruta da Ribeira Sacra do Sil e a Ruta dos Mosteiros. Por riba do 90% estiveron itinerarios como o da Ribeira Sacra do Miño, así como a Ruta das Rías Baixas, a Ruta da Lamprea, a Ruta do Viño de Monterrei ou a Ruta dos Viños de Valdeorras. Pola súa banda, a Ruta polos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, a Ruta Ourense Termal e Versalles galego, así como a Ruta dos viños do Ribeiro-Rías Baixas e a Ruta Lugo Romano alcanzaron ocupacións de entre o 70 e o 80%.
Alta satisfacción dos usuarios
Os Trens Turísticos de Galicia reveláronse un ano máis como unha das mellores opcións tamén para usuarios de distintas partes do mundo, que chegaron de seis países de Europa, así como de Asia, África ou América. A eles uníronse os usuarios procedentes de ata 15 comunidades autónomas. Ademais, preto do 97% recomendou a experiencia, o que avala o éxito desta iniciativa que combina natureza, termalismo, enogastronomía e cultura.

Alba Gonzalez Salgado,2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
ONDA DE FRÍO ÁRTICO EN EEUU

O frío polar que azouta o medio-oeste de Estados Unidos provocou polo menos
20 mortes. Así mesmo, unha cantidade crecente de persoas foi tratada en
hospitais por síntomas de conxelación porque as temperaturas alcanzan niveis
perigosos para a saúde humana.
Houbo ademais decenas de feridos en varios choques en cadea rexistrados en
estradas esvaradías polo xeo acumulado.
As temperaturas extremas, que obrigan a tomar as máximas precaucións para
circular ao aire libre, rexistran unha sensación térmica récord de 66 graos
Fahrenheit baixo cero (-54 graos centígrados).
Estas temperaturas obrigaron a varias liñas de metro a suspender os seus
servizos porque é a neve a que transporta o vento e que está a bloquear as
vías.
Mentres, o frío tamén está a causar atrasos e problemas nas operacións dos
aeroportos, o sistema de proximidade e os servizos de autobús público.
Moitos expertos, entre eles os meteorólogos estatais da NOAA
estadounidense, explican que é unha consecuencia do quecemento do Ártico.
Explícano tamén desde a Organización Meteorolóxica Mundial. No seu boletín
do mes de xaneiro titulado "Un mes de extremos", os meteorólogos da ONU
insisten en que o episodio que viviu Estados Unidos non bota por terra o
cambio climático.
"O Ártico enfrontouse a un quecemento do dobre da media mundial. Unha gran
parte da neve e o xeo da rexión hase derretido. Eses cambios están a afectar

os patróns climáticos fose do Ártico no hemisferio norte. Unha parte das
anomalías frías nas latitudes máis baixas podería estar relacionada cos
dramáticos cambios no Ártico. O que sucede nos polos non queda nos polos,
senón que inflúe nas condicións meteorolóxicas e climáticas das latitudes máis
baixas, onde viven centos de millóns de persoas", di o secretario xeral, da
OMM Petteri Taalas.

Wuimer Álvarez Célix,2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Regresa a neve a manzaneda


As nevadas do 18 de xaneiro trouxeron a esperanza. Por fin, e despois de
moito esperar, a neve deixábase ver na estación de esquí de Cabeza de
Manzaneda, e ademais as temperaturas eran o suficientemente baixas para
axudar á natureza a espesar o manto branco cos canóns de innivación
artificial.
As choivas continuadas e temperatura dos últimos días impiden neste
momento e durante os próximos días a apertura da estación á práctica dos
deportes de inverno, tal e como sería a nosa intención.
Pero a semana pasada chegaron as choivas e subiron as temperaturas. A auga
levou a pouca neve acumulada, e os varios graos por encima de cero non
axudaron nada a conservar a que quedaba.
A previsión meteorolóxica sinala que desde hoxe mesmo pode volver nevar,
aínda que virá acompañada de choiva, e esa adoita ser unha mala
combinación para conseguir que a neve calle e vaia cubrindo as pistas. A
situación prolongarase durante toda a semana, co xoves sinalado como día de
auga, polo que, de cumprirse, afectaría á posible neve acumulada de días
antes. De fronte ao próximo do fin semana a situación pinta mellor. Xa con
febreiro iniciado, a previsión é que nevará con forza tanto o sábado como o
domingo. Ademais, as temperaturas serán de varios graos baixo cero, o que
permitirá tamén acender os canóns para crear neve artificial.

ALBA LOSADA ÁLVAREZ
2º BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Récord de temperatura en Ourense: nunca fixera tanto calor en febreiro nos últimos 50 anos
Os modelos meteorolóxicos sinalaban que hoxe sería o día máis cálido dentro do episodio de altas temperaturas que Galicia rexistra desde o pasado luns. O venres os termómetros xa superaron os 26 graos na metade sur. Este domingo, coa previsión de ceos despexados na man, esperábanse valores históricos. Con todo, as nubes altas han impedido que se alcanzasen cifras de récord en moitas estacións. O corredor de ventos do sur e o aire cálido subtropical favorecen a formación deste manto de nubes que cubriu toda a comunidade, freando a radiación solar. Na estación que a Aemet ten instalada en Ourense si se bateu un recórd, con 24,9 graos, unha décima máis que o anterior, alcanzado no ano 2000. Ademais, a estación que ten Meteogalicia na cidade de As Burgas rexistrou 26,8 graos. A falta de confirmación, que chegará mañá, parece claro que estamos ante outra marca histórica. Trátase da cifra máis alta rexistrada desde febreiro de 1972, cando empezaron a tomarse rexistros.


Iago Fuentes Aller
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-02-2019 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [246]
© by Abertal