Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Curta sobre a Manifa

O pasado domingo 18 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela unha manifestación a prol do galego onde diversos recoñecidos galegos como Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, ou Xurso Souto, leron pequenos manifestos en defensa do galego.



Segundo diversas fontes entre 20.000 e 40.000 persoas acudiron á manifestación abarrotando a Praza da Quintana, onde leuse un Manifesto pola convivencia linguística e a igualdade de dereitos para o galego asinado por 20.000 persoas, que tivo que ser lido de novo dado que a xente no collía na praza, aínda que o importante neste caso non é o número senón o que representa un acto desta magnitude.



A manifestación foi convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, que está a realizar diversas actividades por toda Galicia co fin de ensalzar o noso idioma.



Na paxina web www.queremosgalego.org, na pestana de videoteca, pódense observar os videos das intervencións que se realizaron ou a actuación musical de Mini e Mero, integrantes do grupo A Quenlla.





Un saudo!!!
Pedro Timiraos Paz 2º B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2009 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Opinións a respecto da lingua de noso
A loita pola lingua



Parece que a historia non lle concede a nosa lingua un lugar privilexiado ó longo de toda a súa existencia, podendo considerar o período actual, un dos momentos máis críticos ó longo do seu existir.
Foron moitas as adversidades que a fala rosaliana tivo que superar para poder seguir vivindo, pero a peor delas é, sen dúbida, o rexeitamento que os propios galegos amosan cara ela, sen decatarse que rexeitando a súa lingua están a rexeitar unha parte deles mesmos. Todo isto está vencellado coa hipocresía existente na gran maioría dos cidadáns que parecen non decatarse da importancia que ten unha lingua, neste caso, o galego na sociedade tanto na súa cultura, na súa historia, no propio individuo. É un legado que posuímos, que nos identifica como pobo e como persoas e a súa perda produciría un dano irreparable na nosa vida.
Por outra parte parece que a defensa do galego tivese que estar ligada cun grupo político, sen decatarnos de que esta debería ser a prioridade de cada un dos cidadáns, xa que cando unha persoa realmente estima algo loito por esa causa, e neste momento cando xorden as preguntas que cada un debería facerse:
De que temos medo?, Por que non facemos o posible para que a situación que nos abrangue mellore?
Moitos teñen clara a resposta a estas preguntas, pero non todos os galegos parecían compartila. Porén, manifestacións como a de Queremos galego, que congregou en Santiago a un elevado número de persoas o pasado domingo mostra como a unión dunha lingua produce un lazo moi forte entre as persoas, e as diferentes manifestacións que se están a producir xunto coas entidades que se crean a prol da defensa da lingua están a reflectir a situación na que o galego se atopa e a necesidade de facer que a nosa lingua poida ter un desenvolvemento normal.

Alba 2º A




Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2009 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
O novo SHIN CHAN

Política Lingüística facilita a dobraxe ao galego dun novo título de Shin Chan

O pasado mercores 21 saíu a venta o último titulo en galego de Shin Chan, a serie de animación infantil que protagoniza Shinnosuke . 'Shin Chan, 3 minutos para salvar o mundo' é a nova pelicula onde o mundo ponse nas mans do incorrexible Shinnosuke! A familia nohara terá que enfrontarse a numerosos monstros que poñen en perigo a paz reinante no mundo dos humanos. Toda unha proba que esperta a sede de xustiza de Shin Chan, que quere imitar os seus heroes máis queridos, o ultraheroe , o porco valente e o Súper Robot. Todo comeza cando tras unha maña moi esgotadora a Misae aparéceselle Futuroman, unha fantasma coa apariencia dun dos xoguete de Shinnosuke. Futuroman chega dende o futuro afastado para advertilos de que o mundo está en perigo e que teñen que salvalo da chegada de miles de monstruos. Para iso o espírito dálle a familia Nohara poderes que os transforman en superhéroes. Pero solo teñen tres minutos para derrotar a casa besta e devolvela o seu mundo; do contrario o mundo real acabará destruído.
Grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, os nenos e nenas galegos poderán gozar dunha nova aventura da familia Nohara en galego, lingua na que se popularizou esta exitosa serie infantil na nosa comunidade.

Marcos 2º B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2009 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Críticas polo uso mentiroso das fotografías
RAPH LAUREN VOLVE ABUSAR DO PHOTOSHOP

Esta semana a prestixiosa firma Raph Lauren foi noticia de novo. E é que o coñecido diseñador volveu abusar do photoshop. Adelgazando de xeito extremo as fotografías das súas modelos. Nesta ocasión a paciente da virtual liposución foi a guapa modelo Valentina Zelyaeva. Durante varias horas a foto da modelo apareceu en versións diferentes (real e retocada) na web australiana de Raphl Lauren. Comparando as dúas fotografías puíden apreciar como as cadeiras da modelo se estreitan ata chegar a dimesións realmente enfermizas, ó tempo que vin como se resaltan, na fotografía retocada, as costelas de Valentina.

O testigo da polémica sobre a delgadeza extrema das modelos asoma unha vez máis pola esquina. Parece que os incansabeis corredores que o transportan son capaces de salvar calquera obstáculo co fin de que non quede rezagado non tempo. Esta vez foi da man do diseñador Raphl Lauren pero outras firmas e compañías non quedan impunes. Vivimos nun mundo no que cantantes, modelos, deportistas e famosos fan e desfán ó seu antollo os canons de beleza, comportamento, actitude...polos que a maior parte de nós, dunha maneira máis ou menos consciente nos rexemos.

Feitos como o anterior deben ser salientados, e é de vital importancia non pasalos por alto. Xa que non sendo así, a manipulación atacará ós máis debiles da nosa sociedade, é dicir, cebaranse neses inofensivos neniños, eses que créndose grandes andan polo mundo desorientados, na busca de modelos nos que se espellar. Pasando por alto estes acontecementos íranse facendo máis fortes, un detrás doutro irán construíndo un muro no que se apoiar. E chegado ese punto, seranos imposibel frearlles os pés a estes alimentadores da anorexia. Deixémoslle ben claro, que NON QUEREMOS AS NOSAS RÚAS ATEIGADAS DE ESQUELETES MORTOS EN VIDA.

Sara 2º A

Neste enlace poderedes ver a fotografía da polémica, así como os mesmos feitos narrados pola televisión de Galicia.
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?orixe=2&texto=lauren

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2009 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
A esmorga teatral

Asistimos na pasado 30 de setembro a unha extraordinaria interpretación do grupo ourensán SARABELA do libro de Eduardo Blanco Amor, A ESMORGA.

Co gallo do quincuaxésimo aniversario da publicación en Bos Aires do libro homónimo blancoamoriano, Sarabela reinterpretou trece anos despois e con notables diferenzas a viaxe lúdico-dramática do Cibrán, do Milhomes e do Bocas polas rúas da Auria de principios do século pasado.

Excelentes actuacións de todo o elenco e magnífica música en directo a cargo dun espléndido bielorruso de nome Vadin. Así mesmo, a escenografía soberbia, dunha limpeza e harmonía encomiables.

Todos os alumnos de bacharelato do colexio puideron gozar dunha sesión matinal memorable. Parabéns Sarabela e parabéns, Anxes Cuña, a directora. Ademais, Sarabela teatro organiza o próximo FITO, Festival Internacional de Ourense de Teatro.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-10-2009 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2009/2009
Co lema FALA...ESCÓITOTE principia unha nova andaina académica chea de ilusión e esperanza para todos. Tamén desde o equipo de normalización e dinamización lingüística queremos animar a todos os departamentos, etapas educativas, claustro e alumnado para participar neste Blog de fomento do galego.

Animádevos a participar con textos, imaxes, foros, páxinas recomendadas e todo o que vos imaxinades.

ENDL
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-09-2009 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
O roteiro da Esmorga de Blanco Amor

Hoxe 19 de maio, un grupo escolleito de alumnos de 4º da ESO e 1º de BCH acudiron da man dos profesores de galego Elías e mais Xián a participar no roteiro de orientación literaria do libro da Esmorga de Blanco Amor.
Co gallo do 50º aniversario da publicación na clandestinidade de Bos Aires da obra universal deste escritor ourensán, dous grupos de franciscanas e dous do IES do Couto acompañaron, da man dun mapa sen sinaléctica, os lugares orixinais do libro, cubrindo un roteiro escrito para indicar as frases literais do libro, facendo debuxos a imitación dos alicatados das placas e escenificando de forma sinxela a iconografía figurativa das placas. A actividade desenvolveuse sen afán competitivo, cunha duración entre 40 minutos e unha hora e cinco. O noso alumnado gozou das rúas de viños asolladas, limpas e en silencio, unha nova perspectiva da zona histórico, acompañamos o lugar de nacemento de Blanco Amor na rúa Lepanto e fixémonos unha foto coa estatura deste escritor inmorredoiro.
Os alumnos de 1º de BCH tiñan na memoria o libro acabado de ler na 4ª avaliación e, se cadra, se fixeron unha mellor composición de espazo-tempo para confirmar a universalidade e mesmo comicidade da obra blancoamoriana. Felicitamos desde aquí aos promotores de Cig-ensino e a A.C. A Esmorga pola iniciativa.

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2009 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 09
Xa podedes ver algunhas das fotas do Correlingua 09 na Fotoblogoteca.
Participaron os alumnos de 2º de ESO.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2009 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2009
O mércores 6 de maio os alumnos de 2º ESO asistirán ao CORRELINGUA 09 polas rúas de Ourense e na Praza Maior.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-04-2009 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua 2009
Os nosos alumnos de 2º da ESO partipirán por primeira vez na carreira pola lingua do vindeiro 6 de maio, mércores, en horario lectivo.

Podedes consultar os datos da actividade no enlace correspondente. Esperemos que aproveiten a actividade e que o pasen de cine.
Correlingua 2009 Ourense
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-04-2009 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal