EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XABI ALONSO ANUNCIA A SÚA RETIRADA

“Vivino. Ameino. A despedida dun xogo precioso.”. Xabi Alonso (Tolosa, Guipúzcoa, 1981) anunciou en redes sociais a súa retirada do fútbol profesional á conclusión da actual tempada 2016/2017. O centrocampista do Bayern Múnic colgará as botas despois de dezaoito anos de exitosa carreira e máis de 800 partidos, nos que logrou un palmarés brillante con títulos nacionais e internaciones a nivel de clubs, e participando nas conquistas máis importantes na historia da selección española absoluta.
Coa selección española absoluta, Xabi gañou o Mundial de Sudáfrica (2010) e dous Eurocopas: a de Austria e Suíza en 2008, e a de Polonia e Ucraína en 2012. Participou en 114 partidos, marcando un total de 16 goles.
Entre as súas distincións individuais, Xabi Alonso foi elixido no once ideal da FIFA en 2012; no equipo ideal da Eurocopa 2012, e nomeado mellor centrocampista da liga española tamén en 2012. Ademais, non poden faltar en currículo dous premios dos que tamén sente extraordinariamente orgulloso: a medalla de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo e o ‘Tambor de Ouro’. Ambos en 2011.

Alba losada álvarez
4º b eso
Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 26-04-2017 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Galegos por España.
Jonathan Pereira, presentado este xoves como xogador do Villarreal , afirmou que este equipo ou o Celta de Vigo eran os seus dúas únicas opcións para saír do Real Betis Balompé.
Pereira xogou as tres últimas tempadas no club de Sevilla ao que chegou dende o Villarreal , equipo ao que agora regresa como cedido e no que poderá debutar en xaneiro. “Aínda que é soamente unha cesión espero quedar aquí moito tempo”declarou o xogador galego na súa marcha cara outros aires.
”Aquí está a miña casa e xa que logo estou contento por iso. Todo foi moi rápido porque as dúas partes estabamos de acordo”, considerou Pereira, quen engadiu que non se pode dubidar da calidade do vestiario do Villarreal , xa que como el propio definiu este equipo ten xogadores de primeira división e polo tanto é de respetar. “Se seguimos así se pode conseguir o obxectivo”, comentou.
Sinalou que a zona na que máis pode render é cerca da área e que espera vivir un ascenso. Xa que a calquer xogador quere vivir unha experiencia tan bonita ,agregou.
Jonathan , é un dos reforzos máis importante deste equipo , non elixiu a un Celta en estado de graza , ca victoria contra o Real Madrid na Copa do Rei , ademais isto dalle un plus o equipo de Paco Herrera , xa que ao non contar con Pereira terá que buscarse a vida no mercado de inverno e traer un bo xogador para completar o seu equipo.
Alí coincidirá con outros xogadores galegos como é o caso de Diego Mariño, porteiro do equipo que esta facendo unha tempada espectacular. Ata outra edición de “Galegos por España” vémonos.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 15-12-2012 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Videoxogos: claves para unha compra responsabel e eficaz.
Comprar un videoxogo é un investimento, e coa actual situación económica débese escoller ben aquello co que queremos agasallar, pois hai que ter en conta se o videoxogo será o axeitado para a persoa á que vai dirixida e si a experiencia que propón está en liña co seu desenvolvemento persoal, a súa idade e os seus gustos persoais. Tamén é importante non cometer un erro co contido se o agasallo vaino a recibir un menor de idade. Para iso, propoñémosvos unha serie de recomendaciones sinxelas para realizar unha compra responsable e eficaz de videoxogos.
Xogar é a principal forma de aprendizaxe do ser humano, por iso é moi importante elixir ben a que se xoga para prever que se aprende, sobre todo cos máis pequenos da casa, máis propensos a malinterpretar as mensaxes.
Tamén o número de xogadores que participan nunha experiencia é importante se queremos convertelo nunha actividade máis social.
É importante prestar atención ás descricións do contido que se atopan visibeis no estoxo do xogo. As etiquetas de cores mostran cal é a idade mínima recomendada para o consumo do xogo, por exemplo: os videoxogos para maiores de 18 anos levan unha icona distintiva en cor vermella. Na contraportada da carátula atopamos unhas iconas coa descrición do contido máis problemático que pode conter o xogo, como pode ser violencia, insultos, sexo, etc. E na portada atopamos un código de numérico +3, +7, etc., que indica a idade mínima recomendada para usar este videoxogo.

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.


Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 15-12-2012 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Volta as andadas.
O Clube Deportivo Lugo sofre a súa cuarta xornada consecutiva sen poder puntuar no partido máis insospeitado. O Barça B, apagado e sen futbol, deulle a volta ao encontro que abrira Pablo Álvarez na primeira metade. Dous goles de Araujo, que saíu dende o banco, no último cuarto de hora derrubaron o fraxil Lugo de Setién.
Perdeu na segunda metade contra o Barcelona B , nun partido no que, a pesar de non ter o coiro, deu unha maior sensación de solidez que o seu rival. Os cataláns fixeron diana nos seus tiros, e aos lucenses faltoulles, unha vez máis, puntería.
A pesar de que o balón foi maioritariamente do Barcelona ,como é costume nesta liga, só o Lugo daba a sensación de dominar o xogo, desde a súa colocación máis atrasada do habitual. Polo menos, ata os minutos derradeiros, cando o filial azulgrana conseguiu darlle a volta a un encontro que os locais parecían ter no peto. Porque as ocasións, que ao final lle dan a esencia ao xogo, estiveron todas ao lado lucense, aínda que á contra. Porque o 1-0, outorgou aínda máis pouso aos de Setién. Un gol, que chegou nunha rápida combinación entre Durán, De Coz ao extremo, e pase atrás para que desde o chan marcase Pablo Álvarez. Ese tanto, co que se chegou ao descanso, resultaría insuficiente.
Os da muralla, tiveron opcións de resolver á contra, con Óscar Díaz desacertado e un gol mal anulado a Tonetto por fóra de xogo inexistente, pero sería o Barcelona B , nos seus dous únicos remates claros de todo o partido (modelo que debe sufrir o Lugo en toda a campaña), o que rompería as ilusións da parroquia lucense. As dúas únicas veces que se descolocou a defensa, apareceu Araujo, que entrou na segunda parte, para facer os dous goles que lle outorgaron a vitoria aos visitantes.
O Lugo terá que mellorar os minutos finais dos encontros se non quere , comezar unha mala racha que podería levalo a postos de descenso.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.



Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 07-12-2012 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
É a hora no Anxo Carro.
Extraña a situación que esta vivindo o equipo da muralla, sen sumar máis que de un en un fora da casa, non puido nin sequera arañar tres puntos nas últimas visitas.É un dos retos principais do conxunto de Quique Setién nesta tempada. O reto apunta agora ó Anxo Carro.
O estadio lugués preséntase como un manacial para o cadro. Entre as súas gradas fundamenta a decimosexta posición que ocupan.O sábado será a terceira oportunidade que xogue no seu feudo despois de sumar fóra.Do último estadio do cal o Clube Deportivo Lugo saíu con máis de unha unidade no seu casilleiro foi ¨El Sardinero¨ pero logo de gañar , visitaron o Xerez que lle pegou un duro correctivo antes dun paréntesis de dúas semanas para volver xogar ante o seu público.
A oportunidade volve ó Anxo Carro contra un rival bastante forte , o Barcelona B. O que busca o equipo lucense e romper a mala xeira ,afianzarse nesta clasificación e mirar cara os postos de metade de tabla. O Anxo Carro cantará máis forte que nunca , estarán mais ligados ó Lugo porque este conxunto , calou moi dentro da cidade , os siareiros vibran incesantes ante esta oportunidade de poder levar en voandas o seu equipo é soñar con postos máis altos, este fin de semana máis ca nunca Arde Lucus.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 01-12-2012 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Fernando Alonso dixo que non ten nada que perder na carreira final do curso, ante 13 puntos detrás de Sebastian Vettel.
"Despois de cinco ou seis carreiras dominadas pola Red
Bull recuperar puntos 13 é unha conquista moi difícil".


"Sempre hai presión na Fórmula 1, pero temos a menos que estivésemos liderando o campionato. Nós non temos nada que perder, que quedou en segundo lugar. Despois de cinco ou seis carreiras dominadas pola Red Bull recuperar puntos 13 é unha
conquista moi difícil. Non está nas nosas mans e que a presión é menor ", Alonso reiterou en rolda de prensa tras o Gran Premio de Brasil.
O asturiano advertiu de que "non se pode facer maxia co seu coche" á fronte da sesión de cualificación. "Eu era séptimo e noveno en Abu Dhabi Austin, normal volvería a andar entre estas posicións, pero espero que poidamos facer mellor", renunciou o asturiano, que dixo que "as circunstancias son diferentes," a escena hai dous anos,cando Vettel venceu o campionato na última carreira recortándole unha distancia semellante á actual.
Espéranos unha das mellores carreiras de historia, non sei a vostedes, pero a min vánseme facer moi lentas as horas previas. Ide quentando motores para esta apaixoante carreira.

Esteban Gómez Cerdeira, 1ºB Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 24-11-2012 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
O golazo de Ibrahimovic non participará no premio Puskas 2012
O gol que marcou o sueco ante Inglaterra é un dos mellores goles
da historia, pero aínda así, non participará este ano no premio
Puskat por unha casualidade. Xusto o dia anterior o partido saíran
a luz os mellores goles do ano que participarian en dito concurso
que promove a FIFA.
Este gol marcará un antes e un despois na carreira de Zlatan,
despois de marcar 3 golazos no partido, ninguén se esperaba algo
así, pero o xogador do Paris Sant Germain deu a sorpresa cunha
“chilena”; dende fora do área despois dun rexeitamento do porteiro
britanico, Hart.
Pero non todo son malas novas, este gol participará, case de
seguro, o ano que ven neste mesmo premio.

Esteban Gómez Cerdeira 1ºB Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xogos - Publicado o 17-11-2012 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Crónica de un Deportivo, roto.
O cadro de José Luis Oltra , visitaba o sempre complicado campo da Romareda unha parada na sua viaxe nesta Liga BBVA. Comezaba o partido, os dous conxuntos estaban ansiosos de victoria, o primeiro que golpeou foi o cadro coruñés cun gol de Bruno Gama no minuto 12 de encontro e no minuto 21 Riki aproveitabase dun error da zaga do Zaragoza para bater ó gardarredes Roberto e abrir un oco no marcador, semellaba que a pantasma do preconcurso de acredores no que esta inmerso o conxunto coruñés, estaba lonxe e esquecido por os resultados deportivos.
Pero non ía ser todo festa , saíu o terceiro convidado neste caso o árbitro Teixeira Vitienes , que pitou un derrubo na area do Deportivo e decretou a pena máxima que a transformaba Apoño ,para aproximarse no marcador no minuto 28. Así
remataba a primeira metade, con dúas caras do equipo visitante e o local víndose arriba.
Nada máis comezar o segundo tempo, Pizzi sería expulsado rigurosamente , por finxir unha caída na area rival e por protestar o penalti do primeiro tempo, o extremo portugués cedido polo Atlético de Madrid retiraríase os vestiarios sen facer ningunha protesta. Proseguía o choque cando empataba Paco Montañés cun testarazo no minuto 60 e seis minutos despois Álvaro poñía por diante os locais,nunha falta ben sacada polo mellor do encontro, o xogador Victor, e rematada por Álvaro puña por diante os locais .O partido volveuse moi negro para os deportivistas que comezaron con moita forza e forona perdendo. Para culminar todo este cúmulo de malas noticias , dous goles do dianteiro portugés do Zaragoza , Helder Postiga nos minutos 77 e 82 , poñían moi por diante o cadro de Manolo Jiménez. Bodipo acurtaría distancias no marcador facendo o seu primeiro gol na liga e cerrando o definitivo 5-3. Un encontro moi malo dos de Oltra que terán que seguir mellorando nesta mala época para o clube tanto no senso futbolístico como nos despachos.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.

Comentarios (1) - Categoría Xogos - Publicado o 17-11-2012 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Paco Herrera: ''A este equipo fáltalle un pouco de alma''
O adestrador do Celta de Vigo, Paco Herrera, mostrouse este venres, na véspera do "importante" duelo contra o Raio Vallecano, moi crítico co seu equipo, ao que ve falto de "alma" porque, ao seu xuízo, non está a expor todo o fútbol que leva dentro.

"Somos un bo equipo pero fáltanos algo para competir ao cento por cento, e iso é o que me dá rabia e fai que me rebele. Encómiannos moito de que xogamos moi ben, pero iso é mentira. Os afagos debilítanche. Este equipo ten potencial para estar perfectamente na metade da táboa", afirmou en rolda de prensa.

Para o técnico estremeño, que durante o adestramento desta mañá rifou seriamente aos seus futbolistas, o primeiro paso que debe dar o seu equipo é afacerse a non perder.

"Cando cheguei hai tres anos dixen que este equipo tiña que afacerse a gañar. Agora o primeiro que temos que conseguir é afacernos a non perder para despois poder dar o seguinte paso, e agora mesmo non estamos nesa liña", insistiu.

E é que Paco Herrera é consciente de que unha derrota en Vallecas podería provocar que se acendesen as luces de alarma en Balaídos, xa que sería a sexta-sétima se se conta o partido de Copa fronte ao Almería- consecutiva como visitante.

Sobre o Raio Vallecano, Herrera indicou que "é un equipo da nosa Liga, por iso este partido é moi importante e temos que pelexalo con todo porque se non o pasaremos mal. O equipo ten que sacar iso que ten metido aí moi dentro, é o partido para facelo".

"Este Raio é un equipo similar ao Córdoba de Paco Jémez do ano pasado. é un equipo moi valente, atrevido, moi vertical, e que se planta con moitos xogadores arriba. Para nós será unha proba de lume para saber se somos capaces de competir", concluíu.

Nuria Salgado
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 10-11-2012 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Un deporte pouco espallado
Hoxe día 3 de Novembro, celebrouse en Santiago de Compostela, unha proba da liga Galega de Orientación a Pé. Contou cun gran número de participantes, dentro do que cabe, xa que o deporte de orientación, non ten moito éxito a nivel Galicia. En Ourense só existe o clube do Barco de Valdeorras, pero este non conta con moitos federados. De todos xeitos non é necesario estar federado para participar.
Dende que algúns alumnos e exalumnos do colexio comezaron a practicar este deporte, non con moita frecuencia, pero si de vez en cando, sempre se quixo que fora adiante a iniciativa de que os alumnos do colexio Plurilíngüe Divina Pastora-Franciscanas se involucrasen de forma activa neste deporte. Algúns dos participantes seguen coa esperanza de que algún día vai adiante esta iniciativa. O contra desta iniciativa é o custo que supón participar neste deporte, xa que cada carreira custa uns 10 euros aos non federados, e a iso hai que lle sumar o desprazamento.
Pese a isto non se perde a esperanza de que algún día cando a situación económica mellore, se poida crear un cuble no que se poidan federar os alumnos, e poidan participar nunha actividade tan entretida como é a orientación.
Se algún curioso se interesa por este deporte aquí deixo a páxina oficial de Galicia e a de España.
Páxina da asociación galega: http://agaco.es/gl/
Páxina da asociación española: http://www.fedo.org/web/


Isabel Fernández
2ºBach-B
Comentarios (1) - Categoría Xogos - Publicado o 03-11-2012 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal