EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ver o pasado con ollos de futuro
Medrar é aprender a despedirse.

Aínda que a ansiosa actualidade continúa a ser bombardeada por milleiros de novas, de maior ou menor interese para cada quen, hoxe merece escribir polos dous anos durante os que me abeirou este colexio. Podería deixarme levar pola melancolía e enumerar facetas e xestos de todos os que coñecín aquí pero, ademais de resultar repetitivo e fatigoso, non o farei porque sei que aqueles que levo comigo son bos coñecedores diso.

Porén, dous anos semellan un segundo en comparación cos meus compañeiros e, efectivamente, é moi pouco tempo pois quedei con ganas de moito máis. Aínda así, debo lembrar que, máis que as sobreentendidas aprendizaxes de materias que se esperan por parte dun colexio calquera, esas que son indirectas e emanan da mesma natureza deste centro teñen moito máis valor (realizar uns Xogos Florais que levan todo un ano de dedicación e sen ningún tipo de fin lucrativo, por exemplo. Quizais sexa o amor á arte; quizais a mensaxe de que os cartos non deben mover ou facer depender o que se fai con paixón; ou ben, sinxelamente, que sempre hai algo que facer para un mesmo e para os demais).

Non son quen para dar parabéns e, por iso, tan só podo dar as grazas a este colexio por converter o meu bacharelato nunha época inesquecible e por permitirme deixar a miña pequena pegada nel. Lamentablemente, hei de seguir medrando.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Videos galegos - Publicado o 27-05-2015 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
`Os mil e un contos da Galicia encantada´.
Cando de cativo Antonio Reigosa escoitaba tronar, o seu avó explicáballe que era o ruído que facían os mouros xogando aos bolos no veciño castro mindoniense de Zoñán, no que tampouco faltaban unha laxe de ouro nin un pasadizo secreto ata unha fonte. Aquela semente infantil prendeu e dela agromou unha paixón pola tradición oral á que este investigador e divulgador dedicou varios libros de ensaio e creación, ao que vén de sumar un volume que recolle parte dos documentos recompilados na web que creou hai dez anos con vocación de actuar como punto de encontro e de partida para unha enciclopedia da fantasía popular galega. Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías (Xerais) celebra o décimo aniversario da web homónima e, a través das súas categorías, propón unha mostra da amplísima variedade coa que se manifesta o imaxinario marabilloso entre os galegos. O alén e a morte, sereas e lobisomes, covas, fontes, castros e cidades asolagadas, medicina tradicional e remedios ou heroes e santos desfilan por uns textos elaborados polo propio Reigosa pero tamén por moitos dos que enviaron a Galicia encantada as súas contribucións.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 15-02-2015 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Unha muller ameaza a Radio Galega, con escribirlle unha carta ó Presidente da Xunta, por falarlle en Galego.
Unha oínte de Ferrol chamou este luns pasado ó programa da Radio Galega “Pensando en ti" para expresar en castelán, a súa protesta polo uso da nosa lingua no programa da canle pública. Amalia, que así se chama a oínte, acusou ó presentador do programa, Alberte Freire de falta de educación, por dirixirse en galego ós membros do grupo musical galego Los Españoles. De este xeito, a oínte que se confesou “española” e simpatizante de Alberte Núñez Feijóo, enimiga da esquerda e do centro, definíuse de dereitas e “española”.Comezando a proferir unha serie de recriminacións ó locutor, nunha conversa que foi subindo de ton, até que finalmente a oínte ameazou ó presentador con escribirlle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, para queixarse polo uso do galego, na Radio Galega.
Ademais a susodiota individua proferiu unha serie de argumentacións falsas, ó afirmar que os nosos compatriotas ferroláns non son coñecedores da lingua galega, e que só falan castelán .
Unha clara falta de principios e de respeto cara a nosa lingua nacional, e cara o pobo galego, e unha mostra máis de que a desharmonía das linguas oficiais, segue viva nunha parte da poboación que anceia voltar a etapas pasadas, nas que o noso país vivía no retroceso e na prohibición da nosa lingua, símbolo da nosa identidade.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.

Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 22-12-2012 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Os Mestre Mateo reivindican a cultura por riba da crise e aúpan a 'Arrugas' e 'Doentes
A longametraxe de animación 'Arrugas' e a peza de ficción 'Doentes' foron os grandes triunfadores dos Premios Mestre Mateo 2012 ao alzarse con cinco galardóns cada unha nunha gala na que os participantes coincidiron ao reivindicar que, a pesar da crise, "a cultura importa".

Nun comunicado, a Academia Galega do Audiovisual detallou que, ademais destes recoñecementos, a serie 'Matalobos' levou catro premios, o documental 'Tras as luces' outros tres, cifra galardóns que tamén recaeu na película para televisión 'Condesa Rebelde'.

Estes recoñecementos, foron concedidos nunha gala repleta de discursos reivindicativos por parte dos organizadores, gañadores e polo propio guión de Ángel de la Cruz, interpretado por María Castro, a actriz encargada de presentar a gala á que asistiron máis de 900 persoas.

Segundo explicou a organización, un dos momentos cumio da celebración foi cando a presentadora se achegou ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e sentada nas pernas do presente da Academia, Antonio Mourelos, regalou ao político unhas tesoiras por se quería facer algún recorte máis.

PRINCIPAIS REIVINDICACIÓNS

A maioría dos galardoados coincidiron en solicitar ás institucións públicas que "sigan apoiando a produción propia", posto que, como indicaron, o "audiovisual é un sector estratéxico que xera moitos postos de traballo e sentido de país", explicou a institución cultural.

Neste sentido, Antonio Mourelos, sinalou que o audiovisual galego "está canso de ir de despacho en despacho" para dicir que é un sector "importante que dá traballo a moita xente". "Quen o ten que saber xa sábeo e se non fai nada é porque non quere ou non lle deixan", criticou.

Pola súa parte, Dolores Ben, premio de honra Fernando Rey deste ano, agradeceu o recoñecemento e destacou que "supón un estímulo" para seguir traballando".

"O audiovisual é un sector estratéxico, cheo de xente nova e con talento, que son o futuro", afirmou antes de considerar que se debe facer "unha política audiovisual clara e consensuada co sector para poder superar a situación actual".

Tania Airas
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 30-04-2012 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Academia retira dos Goya a película galega "Ou meigo dubidoso"
Unha mala atribución da autoría da música nos créditos é o que aduciu a Academia de Cine para retirar da candidatura a mellor película de animación Ou meigo dubidoso, cinta galega dirixida por Roque Cameselle.
O filme non competirá nos Goya como estaba anunciado, aínda que o seu director considera que non houbo mala fe por parte da institución. «A Academia advertiunos de que vos créditos estaban mal e nós corriximos ou erro e volvemos enviar vos créditos, pero a Academia dixo que chegaron fóra de prazo e a película quedou definitivamente fóra», explicou.
O director descarta que a Academia admita agora a candidatura. «Estamos estudando as medidas que tomaremos porque prexudicados xa estamos», engadiu.
Foi a xunta directiva a que tomou a decisión de descartar esta produción de animación en 2D dunha candidatura que xa foi anunciada hai tres semanas. Cameselle reitera que non ve nesta decisión mala fe por parte da Academia. «Portáronse moi ben comigo e non teño queixa do trato que recibín dá súa parte, aínda que creo que ese problema dous créditos se podería ter solucionado porque nós enviamos as correccións á maior brevidade posible», explica.
Con todo, Roque Cameselle sinala que hai cousas que non lle encaixan nesta resolución, como o feito de que un dos membros da xunta directiva «participe na decisión de descartar a película cando o é produtor doutra longametraxe de animación en 2D que competía na mesma categoría; polo tanto pódese dicir que foi xuíz e parte». Cameselle refírese a Manuel Cristóbal, produtor de Engurras , recentemente estreada nas salas e que é unha das favoritas na categoría de animación.
Pero Manuel Cristóbal asegurou onte que el non participara na votación da xunta directiva que decidiu o descarte de Ou meigo dubidoso. «No momento de facerse a votación decidín saírme da mesma, en primeiro lugar porque teño unha película nomeada e tamén porque é unha película galega e non quixen participar na decisión», xustificou.





Noelia Fernández Paradela 1ºB- Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 03-02-2012 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Manu Chao cabeza do cartel do festival Reperkusion.
Manu Chao por partida dobre. O artista francés de orixe galego ofrecerá dous concertos en Allariz o próximo mes de maio no marco do festival Reperkusión, que este ano chega á súa décima edición, na que estrea novo emplazamiento e datas primaverais. A cita musical celebrarase entre os días 17 e 19 de maio; Manu Chao La Ventura, nome co que se presenta o artista fundador de Mano Negra e dono dunha exitosa carreira en solitario, actuará na primeira xornada do festival, así como na de despedida. Segundo informou onte a organización de Reperkusión, tratarase da única data prevista de Chao na Península.

O festival celebrarase a un quilómetro do centro de Allariz, nun novo recinto con capacidade para un número maior de público (o ano pasado reuniu a 15.000 persoas). Dispón de aparcamento, zona de acampada e estará conectado con Allariz por autobús. Nla web www.reperkusion.com acábanse de poñer á venta as entradas para o festival, a un prezo de 40 euros máis gastos de distribución para o abono de tres días, e de 20 para os billetes dunha soa xornada.

Ademais de Chao, que será cabeza de cartel do festival, xa están confirmadas as actuacións de artistas coma Russkaja, que xa estuveron o ano pasado e que repiten debido ol grande éxito obtido entón. Tamén estarán os franceses Funky Style Brass, os gallegos Os Tres Trebóns, onde milita Xurxo Souto, e a banda da casa, la Reperkusión Festicultores Troupe.

Aida González, 1º Bac.B nº10
Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 28-01-2012 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
O noso inxenio ó fin é premiado
O anuncio "Maloserá!!!", da campaña Vivamos como galegos de Gadis, logrou un dos premios convocados pola Asociación Española de Anunciantes (AEA) e foi distinguido como o mellor anuncio de televisión en galego polo Consello Asesor da CRTVG e de RTVE en Galicia
A campaña Vivamos como galegos de Supermercados Gadis recibiu por segundo ano consecutivo un dos galardóns de maior prestixio profesional en España, os Premios á Eficacia da Publicidade 2010, convocados pola Asociación Española de Anunciantes. A gala de entrega dos premios celebrouse o xoves pasado pola noite en Madrid.
O anuncio "Maloserá!!!" logrou un Premio de Prata á Eficacia en Comunicación Comercial, nunha convocatoria na que participaron máis de 130 grandes marcas como Mc Donald´s, Movistar, Coca Cola, Campofrío, Nestlé ou Danone.
Os Premios Eficacia da Publicidade valoran, entre outros aspectos, os resultados obtidos pola campaña en canto a notoriedade e recordo. "Maloserá!!!" foi recoñecida tras a campaña por 8 de cada 10 galegos e o grao de vinculación coa marca Gadis é superior ó 70%. A campaña desenvolvida pola Axencia BAPC onde converteuse na máis vista da historia da publicidade en Galicia logrando unha importante difusión nos diferentes soportes publicitarios. En Internet logrou 160.000 descargas nos primeiros días e o recordo espontáneo superou o 60%. O Premio Eficacia da Publicidade 2010 da Asociación Española de Anunciantes súmase ó recoñecemento outorgado na XVII Edición dos Premios de Publicidade en Galego, convocados polo Consello Asesor da CRTVG e de RTVE en Galicia, que distinguiron o anuncio de Supermercados Gadis como o mellor anuncio de tele en galego do ano 2009.


www.youtube.com/watch?v=d9TSQr5n9Qo

Samuel Gallego 1º Bacharelato A
Anuncio
Comentarios (1) - Categoría Videos galegos - Publicado o 16-10-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN PIÑEIRO. LETRAS GALEGAS 09
Un video sobre a Ramón Piñeiro, a quen se lle adica este ano o Días das Letras Galegas.
Video "Olladas sobre Ramón Piñeiro"
Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 13-04-2009 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA É ÚNICA
Video de Turgalicia (en galego) con música de Luar na Lubre
GALICIA, SI, É ÚNICA
Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 04-02-2009 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
EN GALEGO
Recomendamos que lle botedes unha ollada a este video sobre como falan galego algúns estranxeiros
No falo galego porque non o sei falar ben ...
Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 28-01-2009 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal