Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Manifestación en Santiago en defensa da lingua

Estimados lectores do noso blog:

Vimos de asistir en Santiago á manifestación en prol do galego baixo o lema Queremos galego. A manifa desenvolveuse desde a Alameda de Santiago ata a Praza da Quintana, onde se cantou e leron varios micromanifestos de adhesión á defensa do noso idioma.

A convocatoria, baixo un día inusualmente soleado na cidade compostelán, congregou a milleiros de persoas, imposible precisar porque moitos dos que estabamos ao principio, tivemos de evacuar a praza porque seguía chegando riadas de xente.

Houbo momentos moi emotivos, nun ton de respecto e coordialidade, como os cantos de Mini e Mero, os integrantes do grupo A Quenlla e as declaracións do presidente emérito da Fundación Castelao Avelino Pousa Antelo.

A convocatoria for apartidaria e global estando presente todas as idades que conforman a sociedade galega, especialmente familias cos seus fillos.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2009 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Uxío Novoneyra
Ola blogueiros e amigos do ENDL:

Damos a benvida ao próximo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010. Velaí tedes o gran poeta do Courel, Uxío Novoneyra, o vate que mellor levou á práctica a técnica fonosimbolista, xa volo explicarán no cole. O grande amigo do Ánxel Fole e María Mariño Carou. O home que casou de temperán coa poesía e nunca a abandonou. Agora emerxe da lembranza para que aprendamos de si.

Outras veces os académicos escollen xente de segunda fileira, este ano a selección e o compromiso están moi ben aquelados.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2009 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal