Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Outro vertido de fecales en O Burgo aviva a protesta dos mariscadores
Mariscadores protestandoOs mariscadores de O Burgo dispersábanse tras protagonizar por segundo día consecutivo unha concentración na ponte de A Pasaxe que colapsou os accesos de A Coruña, en protesta pola decisión da Consellería do Mar de reabrir ao marisqueo a parte central da ría de O Burgo e para denunciar «a permisividade das autoridades co furtivismo e polo grave estado de contaminación debido aos vertidos urbanos incontrolados», señalou o patrón maior da Cofradía de A Coruña, Manuel Cao. E apenas uns minutos despois atoparon un novo argumento para manifestar a sua indignación: un novo vertido de augas fecales en As Xubias, xusto na zona na que se tomaron mostras de bivalvo para determinar o grao de contaminación que permitiu cambiar de C a B a catalogación do rea; isto é, de non poder vender marisco en fresco a poder extraelo para a súa comercialización tras un proceso de depuración.
Según Baldomir, un líquido escuro e malcheiroso emerxía «da rede de alcantarillado». O regueiro chegaba a un colector de augas pluviais que «desemboca directamente na ría».
Mentres, dende o mar, intentaban arroxar luz sobre o conflito que teňen en pé aos produtores coruñeses. Explican que os profesionais cobraron da Administración «6,6 millóns de euros» dende o 2007 ata xunio pasado, data na que expirou o convenio que lles proporcionaba ingresos por limpar e vixiar e reabriuse a zona central da ría á extracción». Cao,di que queren mariscar, que coas axudas, eles saíron perdendo, pois «ingresábamos unha media de 144 euros diarios e coas axudas moito menos, e podémolo verificar coas declaracións da renta», sinalou.


Míriam López Pérez

Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2010 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Rivas e Uxía Senlle participarán no X aniversario da primeira fosa común exhumada, a de Priaranza (León)
Unha conferencia e un concerto de homenaxe, que inclúe xuíces, avogados, cantantes, antropólogos, músicos e familiares conmemorarán este sábado o décimo aniversario da exumación da primeira fosa común con vítimas da represión franquista, realizada o 23 de outubro do 2000 con técnicas arqueolóxicas e forenses en Priaranza del Bierzo (León). Este ano, foron recuperados os restos de trece civís republicanos, asesinados o 16 de outubro de 1936 na cidade de Leon, unha exumación da que surxíu o nacemento da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), que a partir daquel momento comezou unha movemento social en busca de persoas desaparecidas. Para recordar esa data, a ARMH preparou unha conferencia e un concerto de homenaxe, que servirá para reflexionar sobre o que ten acontecido nos últimos anos, falar sobre o que está diante, e adradecer o traballo de centos de persoas que permitiron, como indicaron fontes da Asociación ", moitas familias atoparon unha corrección que non recibiron de moitas institucións." Ademais, celebrarase a mesa redonda "Da memoria á xustiza", na que intervendrán o maxitrado emérito xuíz da Tribuna Supremo José Antonio Martín Pallin, o xuíz da Audiencia Nacional Ramón Sáez Valcárcel, e defensor da causa arxentina contra o franquismo Ana Messuti.

Andrea Estévez Álvarez 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2010 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Ryanair ameazoy a Feijoo tres veces en dez días con usar á prensa contra él
De ningún xeito quería Ryanair que a presente semana concluíse sen antes
haberse garantido que o ano próximo, do mesmo xeito que durante os cinco anteriores, continuaría percibindo fondos públicos por operar rutas internacionais en Santiago. Así que niso afanouse, blandiendo canta arma verbal achaba, durante 200 xornadas de esforzos ao cabo baldíos. Ata chegou a ameazar por escrito ao presidente da Xunta con que, si non satisfacía as súas demandas de inmediato, empregaría á prensa para poñer á cidadanía na súa contra, culpabilizándolo ante esta de futuros recortes de oferta en Lavacolla.

En virtude dun convenio de patrocinio que expirará o 31 de decembro, Turgalicia abona actualmente 587.000 euros anuais ao xigante irlandés como contraprestación por conectar Compostela con Londres, Fráncfort e Roma. Co obxectivo de prorrogar o concerto, potenciarlo ou ben transformalo nun contrato para cofinanciar unha base de baixo custo, o 25 de marzo directivos da empresa comezaron a cartearse con altos cargos de San Caetano.

Foi entón, o 11 do mes en curso, cando o xefe do Executivo recibiu procedente de Dublín o inicial dunha serie de tres escritos de presión redactados polo encargado de desenvolver mercados dentro da aerolínea, Ken Ou'Toole. Personalmente, Alberto Núñez Feijoo non respondeu ningún, aínda que ordenou á gerente de Turgalicia, María do Carmen Pita, que o fixese por el, reiterando sempre a doutrina oficial: a Xunta xa non negocia de xeito directo co sector, pois desde o 23 de xaneiro do 2010 iso compete a un comité que integran tamén os concellos con terminales, Madrid, o ente Aena, a patronal e as cámaras de comercio.

«Sen un socio non poderemos conservar [os nosos voos ao estranxeiro]. Para evitar o seu abandono, necesitamos unha confirmación de que a cooperación existente connosco seguirá», expoñía o irlandés na primeira mensaxe. «No caso de que non a conseguimos antes do venres 15 -advirte- anunciaremos a pechadura dos tres destinos. Achégolle un dosier de prensa [que temos listo]». Demoledora, a nota concluía: «O potencial de crecemento que perdeu Galicia será transferido a outras rexións de España capaces por elas soas de promoverse e comercializarse».

O ultimátum venceu sen fornecer efecto, malia o cal Ou'Toole non divulgou o comunicado. En lugar diso, o día 18 mandou a Feijoo unha segunda carta máis dura. «Agora si, cancelaremos as liñas. Convocaremos unha roda de prensa en Galicia esta semana para dar esta noticia tan negativa e subliñar o fracaso da Xunta, Turismo e o comité [...] para entenderse coa única aerolínea capaz e disposta a desenvolver aí conexións exteriores», espeta para logo apostilar: «Si hoxe aseguráseme que se manterá o convenio, estariamos en disposición de seguir coas rutas».

E xa o 20, na súa terceira misiva escribiu: «Bríndolle por última vez a nosa disposición a cancelar a roda de mañá sempre que recibamos» un ok.

Borja Pérez Fernández, 1ºA.
Comentarios (3) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2010 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Seoane, o poema máis fermoso do século XX
A última do centenario. A máis profusa. A que proba que Luís Seoane non era só un artista plástico. A exposición Cen por cen Seoane. 100 anos, 100 lugares despeza polo miúdo a biografía do personaxe: o xornalista, o deseñador, o militante, o editor, o amigo, o activista. Cen caras posíbeis a vida de Seoane. “O poema máis fermoso do século XX”, como lle chamou Xosé Díaz, comisario da mostra que a Fundación Caixa Galicia acolle na súa sede do Cantón Grande, na Coruña, dende onte e até o vindeiro 30 de xaneiro.
Cando lle preguntou que era o que máis o impresionaba de Picasso, o cantaor Enrique Morente deixou pampa a xornalista: “De onde sacaba o tempo para facer tantas cousas”. As horas de Luís Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979) debían ser tamén elásticas. Próbano os cen lugares nos que Xosé Díaz, fillo de Isaac Díaz Pardo, estruturou a biografía do artista, a quen coñeceu con once anos. Cen por cen Seoane reúne libros, manuscritos, lenzos, carteis, fotografías, cartas, vinilos, esculturas, textos. Medio milleiro de pezas agrupadas en cen lugares e seis bloques temáticos.
O labirinto comeza na Torre de Hércules, paisaxe da infancia na Coruña, ao regreso de Arxentina, que o artista recuperaría en 1944 nos 49 debuxos de Homenaje a la Torre de Hércules. Son os Lugares xeográficos do fundador do Laboratorio de Formas. Arca, onde pasaba as vacacións coa familia. Compostela, onde estudaría o bacharelato e a carreira de Dereito. O Castro de Samoedo, en Sada, onde puxo en pé Ediciós do Castro, o Museo Carlos Maside e a actual factoría de Sargadelos xunto a Díaz Pardo. E A Coruña, claro, cidade na que empezaría a exercer como avogado e onde o atoparían, sucesivamente, o galeguismo, a Fronte Popular e a morte.
Carlos Maside abre o segundo gran apartado da mostra, o das Persoas. E con el, outros amigos, como Manuel Colmeiro, Xosé Eiroa, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste ou Arturo Cuadrado. Son moitos, dunha beira do Atlántico e da outra. Do exilio interior e do exilio exterior. Hai tamén creadores de referencia como Picasso ou Fernand Léger. E está a súa muller, María Elvira Fernández López, coa que casou no porto de Bos Aires nada máis pisar ela o peirao o 31 de marzo de 1937. A Maruxa tócanlle na exposición un número, o 91, e cinco retratos.
A da Acción intelectual do Seoane é a máis vizosa travesía da mostra. Testemuña todos os seus proxectos editoriais, de Botella al mar e Citania a Ediciós do Castro. As publicacións das que foi cómplice, como Resol, Cabalgata ou Correo Literario. Os seus libros de versos e os seus ensaios sobre deseño e teoría da arte. As súas colaboracións radiofónicas.
Entidades resume as súas experiencias colectivas, asociadas sobre todo ao tecido da emigración galega en Arxentina, o Estatuto de Autonomía, o galeguismo, a militancia na FUE e as peaxes, dramáticas, da guerra e o exilio.
E por último, a Creación Plástica do artista, a dimensión máis transitada de Seoane no ano do seu centenario, que Xosé Díaz pon en relación con todas esas outras coordenadas en Cen por cen Seoane. Dende o interese pola prehistoria e a Idade Media até o cartelismo, o gravado e as teimas máis recorrentes do autor de Na brétema, Sant-Iago.

Yago Eirey Pumar, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2010 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Toponimia oficial galega
Tal e como figura na lei de normalización lingüística, onte foi aprobada a iniciativa do BNG na que se pide o Goberno que respecte e cumpra os tóponimos oficiais de Galicia. A proposición aceptouse grazas ao apoio por parte dos grupos parlamentarios presentes na comisión, contando cunha enmenda do propio PSOE.
‘’Esto é un destrozo total’’- dicía Xosé Manuel Pérez Bouza, senador nacionalista, aludindo o fatal uso que fai a Administración do Estado hacia os topónimos galegos.

As formas oficiais incumprénse de seguido, a pesar das correccións nalgunhas denominacións. Un exemplo claro destas son: La Estrada, Poyo, Nuestra Señora de las Ermitas, Villa de Cruces e Orense.
Manuel Fidalgo xustificou a moción por entender o correcto uso destes topónimos como unha mostra de respecto aos pobos e aos cidadáns e finalmente aprobouse instar ao Goberno a utilizar as formas oficiais en todos os ámbitos e á vez, realizar as diversas actualizacións que se precisasen.

Belén Sotelo García 1º de Bacharelato B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 17-10-2010 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta distribúe en Internet e de maneira gratuita temarios para as oposicións.
Aspirantes ás oposicións
Esta iniciativa pretende facilitar a tarefa dos opositores libres e de promoción, ó dispoñer duns temarios «de referencia» e «máxima fiabilidade».
O conselleiro de Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou os primeiros temarios tanto en galego como en castelán, que dende hoxe distribuiría na web (EGAP). Son os correspondentes ao corpo de Axudantes Facultativos da Xunta, escala de Axentes Facultativos Ambientais, anda que se elaborasen para todos os procesos selectivos convocados pola Administración autonómica, tanto para persoal funcionario, como laboral.
Trátase de instrumentos complementarios e contrastados que servirán de apoio e axuda como textos de referencia, pero nunca de forma exclusiva ou excluínte de outros materiais, explicouse na roda de prensa. A redacción e revisión dos temarios foi realizada polos funcionarios públicos do corpo superior e letrados da Xunta, avogados do Estado, xuízes e maxistrados, notarios e rexistradores da propiedade, catedráticos e profesores universitarios.
Os temarios dos corpos especiais contarán coa colaboración dos diferentes colexios profesionais e cos funcionarios dos ditos corpos que se determinen no seu momento. O director xeneral da Función Pública, Xosé María Barreiro, indicou que a distribución a través de Internet dos temarios de forma gratuita era unha vella demanda dos opositores, e dixo que constitúe o proceso de mellora dos procesos selectivos que se veñen implantando dende o último ano.


Miriam López Pérez
Comentarios (3) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Emotivo adeus a Suso Diaz no Pazo de San Clodio
A cultura ourensá deu onte o seu último adeus ó actor de Sarabela Teatro, Suso Díaz. A morte de Suso Díaz colleu por sorpresa á cultura local cando o polifacético actor estaba traballando na última obra de Sarabela Teatro 'O incerto señor don Hamlet' e cuxa representación foi suspendida tras o tráxico desenlace.

O cemiterio de Pazos de San Clodio, no concello de San Cibrao, acolle á comitiva que saíu do Auditorio de Ourense, no que tantas veces actuara, xunto con familiares, amigos e os seus compañeiros da compañía de teatro.

Suso Díaz faleceu no seu domicilio de Ourense ,aos 39 años de idade. Foi atopado polo seu irmán e compañeiros de traballo que ían acompañados por axentes da Policía Nacional aos que chamaron preocupados pola falta de noticias do actor, que no lles contestaba o teléfono. Ao non responder as chamadas do timbre procedeuse con axuda de efectivos do corpo de bombeiros a derribar a porta, e no interior encontraron morto o actor. A Policía solicitou a presencia dun médico forense que certificou a morte do actor cuxo corpo foi trasladado logo ao Complexo Hospitalario de Ourense para practicarlle a autopsia.

A súa vinculación coa compañía ourensá viña de 1998 e nela habíase mostrado coma un artista polifacético, xa que levaba a cabo traballos de actor, escenógrafo, iluminador e deseñador. A perda de Suso Díaz sumase a recente desaparición da actriz de Sarabela Teatro Begoña Muñoz, que morreu fai 6 meses de forma repentina. Na súa despedida, os seus compañeiros destacaron que se trataba dunha perda irreparable para a cultura ourensá, tanto no apartado profesional como en el persoal. Suso Díaz acababa de recibir o Premio María Casares polo seu traballo na iluminación de 'A Esmorga'.

Os integrantes da compañía Sarabela, encabezados pola súa directora, Ánxeles Cuña, asistiron ó funeral, así como la edil de Cultura, Isabel Pérez.


Laura Iglesias 1º de Bacharelato A
Comentarios (3) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
A revista Grial
O labor comezado no ano 1951 pola revista Grial segue sendo un modo de divulgación para a lingua galega e unha canle para a súa produción cultural. Naceu para cumprir a labor de ser un espazo de comunicación entre a cultura galega e as demais culturas do mundo. E continúa sendo un significativo punto que defende a importancia da lingua galega nos ámbitos culturais e sociais. E para iso é elaborada de forma trimestral.
Esta revista é editada pola editorial Galaxia, en Vigo. Tivo como primeiros directores a Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro. Despois foi dirixida por Carlos Casares e na actualidade esta responsabilidade é asumida por Víctor Freixanes e Henrique Monteagudo.
Tivo como colaboradores a intelectuais da significación de Ramón Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell, Marino Dónega e Xaime Isla Couto.
Aínda que a revista foi editada por primeira vez no ano 1951 prohibiuse a súa publicación durante uns anos e volveu a ser posible a súa divulgación no ano 1963.
No seu último número, a publicación número 168 desta revista, é dedicada o autor Luís Seoane, o artista nado en Arxentina, e o título que a encabeza é “Luís Seoane entre dúas culturas”. O primeiro artigo que fala del é do historiador Ramón Villares, Heroes calados. As relacións de Luís Seoane con galeguistas do interior(1946-1960). Completan ese apartado Multiplicar a asrte. Luis Seoane nas edicións culturais arxentinas, de Silvia Dolinko, e o factor simbólico. Luis Seoane e o Laboratorio de Formas de Xosé Díaz.


Antía Rivas Oural, 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Tres arrestados por tentar "rescatar" un independentista.
Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron tres militantes de colectivos independentistas radicais que tentaron liberar un mozo vinculado a Resistencia Galega arrestado a semana pasada, para o cal agrediron os policías que o custodiaban cando o trasladaban ó xulgado. Segundo fontes policiais, o 10 de outubro tivo lugar o traslado ós xulgados de Santiago do militante vinculado a Resistencia Galega S.V.D., de 21 anos, para darlles cumprimento ós mandamentos de detención e ingreso en prisión ditados pola Audiencia Nacional ó obxecto de facer efectivo o cumprimento da pena privativa de liberdade de catro anos imposta polo Supremo, por tenza de explosivos. Cando a dotación policial que conducía o preso baixou do vehículo, uns doce individuos, divididos en dous grupos, abalanzáronse sobre os policías para tentar liberar o detido, "forcexando e agredindo os mesmos producíndolles diversas lesións das que tiveron que recibir asistencia", indicaron as mesmas fontes. Ó acudir máis efectivos da Policía os independentistas escaparon, pero varios foron identificados, sendo detidos na noite do xoves A.P.S., home de 21 anos con domicilio en Santiago; I.C.P., muller de 27 anos veciña de Compostela e R.A.C., home de 19 anos de Barreiros (Lugo). Onte pasaron a disposición xudicial en Santiago.


Emilio González Padrón
1 º Bacharelato A
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia, vella para se suicidar; moza para espertar.
Esta opininión persoal veu incentivada polos comentarios ditos polo xa coñecidísimo escritor galego Don Manuel Rivas Barróse que puiden ler gracias á merca habitual do diario “Galicia Hoxe” que fai a miña nai , quen nunha entrevista motivada pola publicación da súa última e tan agardada novela Todo é silencio. Nesta, o escritor coruñés que situaba desta guisa a situación de malestar e desacougo cultural que está a padecer o país. Dixo ademais que era moi triste que os que deberían construír Galicia estean metidos en troques da tarefa mencionada na completamente oposta que é a de deconstrución. Fiso tamén especial fincapé no proceso esperpéntico que dende o propio goberno se nos coloque nun punto no que ficamos varados.
Na miña modesta opinión e como estudante de 1º de bacharelato considero tremendamente acertadas as palabras do escritor. As cales eu interpreto como un aviso a toda Galicia de que pese que a población anciá morra falando galego ,se non o remediamos, esta lingua nosa soamente durará o que eles. “Manolo” fai unha chamada ao raciocinio de mozos (que son sinónimo do futuro da nos querida Galicia e da nosa lingua, polo tanto da nosa identidade) á comprensión da pésima situación que, como galegos que somos, estamos a vivir. Pretende captar a atención e facer a chamada de auxilio que a lingua por si mesma non é quen de facer pedindo a tódolos mozos e mozas do noso benquerido país que utilicen o galego dende as situacións máis cotiás ata as máis inhabituais para xuntos podermas conseguir a persistencia do galego. Non me pasou tampouco inadvertida a disimulada crítica que fai ao noso preguizoso goberno dereitista na súa meirande parte que deixe de acomodarse na situación actual, que deixe de por impedimentos á nosa imperativa necesidade de recuperarmos a cultura perdida coa actual merma no uso da nosa lingua: “O Galego”. Fai unha chamada á creación de programas de rehabilitación para rematar dunha vez por todas coa merma de usuarios de diario da lingua galega. En definitiva, e xa para rematar, pide que nos “deixemos de tanta leria de non é para tanto” e nos poñamos duna vez por todas a traballar en serio no proceso de reintegración lingüística do galego.

Yago Eirey Pumar, 1ºA.
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal