Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Memorias dun neno labrego no Carballiño
Unha nova actividade, iso é o que está esperando a vila do Arenteiro, ben chamada O Carballiño. Unha chamada para que a Asociación cultural Orcellón fala e canta volva poñer en vigor diversas actividades pola nosa cultura galega.
Esta asociación organiza documentarios e diversos proxectos cinematográficos referentes ás excelentes obras que abrangue a nosa cultura.
“Neira Vilas, Memorias dun neno labrego” foi unha das obras que se expuxo no casino carballiñes, así como diverxas proxeccións de curtramexaxes de varios carballiñeses que se queren fager ver na practica do fomento da nosa cultura.
A vila do Orcellón espera que a asociación volva para nos embelecer coas obras que fan que a nosa literatura sexa unha das mellores cousas que nos identifica como galegos.
Unha chamada é o que imos facer para que esas actividades non tarden en encher de novo a vila da cultura que toda Galiza ten que ter como bo país que é.
Esta asociación intenta facer vernos a todos os carballiñeses que o galego é a nosa forma de vida, a nosa identidade. Grazas a ela temos a oportunidade de coñecer a mellor música folk e a manifestacións e proxectos a prol do galego.
Os carballiñeses estamos a espera de que nos informen de novas actividades, coa esperanza de que a espera teña a súa boa recompensa.

María José Álvarez 2º A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-11-2009 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Club galeguista en Bruxelas

Club Galego en Bruxelas.

O pasado 5 de novembro organizouse en Bruxelas o Club de Galegos, que pretende ser unha fonte de coñecemento a nivel europeo, apartidaria pero que apoiará a administración goberne quen goberne.
Este iniciativa xorde como unha maneira de facer notar a Galiza no ámbito europeo, de dar a coñecer unha sociedade con identidade propia, e traballadora e aberta a innovacións.

Ó contrario que os Cataláns, Éuskaros, Valencianos… Galiza non goza de influencias na unión europea e apenas e coñecida no “avanzado” continente. Esta é unha boa opción de nos dar a coñecer, sempre que se manteña o apartidismo inicial a intencionalidade de amosar a Galiza real no exterior.

Simón Santos 2º B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-11-2009 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Saída do Prelo recomendable

Galaxia presenta o pasado xoves (29/10/09) en Santiago As razóns do Galego, no último traballo do sociolingüista Henrique Monteagudo
A Editorial Galaxia presentará o pasado xoves día 29 en Santiago de Compostela o ensaio As razóns do galego. Apelo á cidadanía, do sociolingüista Henrique Monteagudo, sobre o momento crítico e decisivo que vive o idioma galego.
Según explicou Galaxia, Monteagudo realiza nesta obra unha chamada á cidadanía galega coa que pretende intervir no debate sobre o idioma como problema da primeira orde en Galicia".
Nas páxinas desta obra, o autor recolle escritos e artigos da prensa arredor da situación actual do idioma galego e dos debates sociais dados, en especial, sobre a política lingüística.
Así, Henrique Monteagudo ofrece argumentos a favor do noso idioma, no nome dunha civilidade compartida, o mesmo tiempo que subliña a necesidade da renovación dos discursos na defensa da lingua.
Henrique Monteagudo é douctor en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde exerce de profesor de sociolingüística galega. É ademais secretario do Consello da Cultura Galega e codirector da revista Grial.
Luis Manuel López 1º A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-11-2009 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Programa europeo de voluntariado e fomento das linguas
O programa Volangteer


O coñecemento da nosa lingua, o seu uso e a súa promoción, o que levará a un coñecemento máis amplo da nosa sociedade e das nosas costumes, son os obxectivos que presenta o proxecto Volangteer, unha proposta que se vai desenvolver entre os estudantes estranxeiros que realicen este ano os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, facilitando así a súa integración no Campus e fomentando as súas competencias na nosa lingua.
Estes alumnos estranxeiros, participantes do programa europeo Erasmus, que elixiron este ano Galicia para realizar o seu curso universitario, levaran a cabo unha aprendizaxe da lingua mediante o ensino desta por parte de persoas voluntarias que dedicaran o seu esforzo e tempo para que os estudantes poidan acadar as competencias necesarias para desenvolverse en lingua galega.
O proxecto pretende ademais dunha nova metodoloxía no ensino da lingua, promover unha lingua propia da nosa comunidade, como é o galego, entre os estudantes de fóra e o mesmo tempo fomentar o interese dos estudantes por a lingua e con iso o uso da mesma entre os alumnos.
Este proxecto pretende ser unha nova iniciativa no acercamento entre os estranxeiros e os galegos, establecendo unha unión mediante a lingua galega, o que suporá unha gran axuda para os alumnos do programa Erasmus da Universidade de Santiago e o fomento e uso da lingua.
Esta proposta, enmarcada no proxecto titulado Learning Regional Languages Through Volunteers, o cal foi presentado e aprobado pola Comisión Europea, estase a desenvolver en dúas zonas piloto, Galicia e Friesland (Holanda) co fin de que esta iniciativa poida desenvolverse noutros lugares, promovendo o uso das linguas minoritarias nos distintos países de Europa.

Alba Rivas 2ºA




Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-11-2009 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
A boa e mala toponimia

Nestas últimas semanas, volveu xurdir en Galicia unha polémica que xa levamos anos con ela e que non ten sentido. Aos nosos gobernantes ocorréuselles polemizar sobre o topónimo da Coruña. Algúns sectores queren que sexa tamén oficial o de “La Coruña”. Entón tamén teriamos que chamarlle a Carballo “Roble”, ou aínda peor, ao Carballiño “El Roblecito” para por algún exemplo.


O que tiñan que facer é deixarse de lerias e dedicarse a arranxar a crise pola que estamos pasando e que cada cal lle chame aos sitios como desexe. Por certo, o nome oficial é “A Coruña”.

Adrián Lamas 1º A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-11-2009 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
V Seminario de Sociolingüística en Santiago de Compostela
O vindeiro 30 de outubro, venres, a Federación galega de Escolas Católicas, a través do seu equipo de normalizazión e dinamización lingüística organizou o V Seminario de Sociolingüística para todos os membros dos ENDL dos Colexios católicos concertados.

A xornada de mañá e tarde contou coa presenza do Secretario de Política Lingüísta Anxo Lorenzo, o cineasta e produtor Antón Reixa, colegas que nos ensinaran novos métodos de manexo das Tics xa pola tarde, xunto coa presenza do contador de contos Celso SanMartín e do protagonista da longametraxe Pradolongo.

Foi un encontro moi positivo que contou cunha alta participación. Agardamos boas noticias para a organización da Festa da Lingua e do Festival de Teatro deste ano.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-11-2009 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Máis sobre a Manifa en Santiago

Unha sociedade viva,
Unha lingua ameazada,


Unha manifestación incrible!

O pasado domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela os galegos vivimos uns dos acontecementos máis importantes da nosa sociedade galega. Milleiros de galegos reuníronse para protestar pola inconformidades da posición na que se atopa a nosa lingua, un enfrontamento polo rechazo da política lingüística da Xunta de Galiza.

A manifestación foi convocada pola asociación nacionalista Queremos Galego a cal, tras un reconto aproximado que fixo a Policía da asistencia de persoas nun total de 50.000 persoas, verificou que foron case 100.000 galegos os que a maña do domingo acudiron na defensa da nosa lingua.

Carlos Callón, que foi o que falou no acto final en nome de todas as asociacións e institucións que constitúen a plataforma de Queremos galego (500 entidades de diferente tipo) exclamou vivamente que na gran manifestación “defendemos o dereito básico a podermos vivir en galego e a aplicación dos consensos sobre promoción do noso idioma propio aos que chegamos entre todas e todos, que agora o PP está a romper unilateralmente”

Así o describía el, e seguramente a maioría dos alí presentes tamén, xa que foi un acontecemento que de seguro marcará a nosa identidade por unha necesidade de querer que a nosa lingua sexa galardonada como se merece, sen tabús nin regras que impidan que nos expresemos como de verdade queremos e sobre todo, e o máis importante, cando e onde nos apeteza.

A gran manifestación tivo, como era de esperar, unha gran repercusión na política deixando así unha indubidable brecha entre o goberno e a oposición.
O secretario xeral dos populares manifestou que dita convocatoria estivo organizada polo BNG e apoiada polo PSOE e que as pasadas eleccións os galegos non aprobamos a estratexia lingüística impulsada por ditos gobernos.

O PSOE, na súa defensa , manifesta que o noso goberno non esta a escoitar a aclamada chamada dunha terra que se esta a manifestar. O líder do PSdeG, Manuel Vazquez, afirmou que “ unha boa parte da cidadanía non vai tolerar que se xogue co idioma galego”. Ademais o líder nacionalista Guillermo Vazquez asegurou que está reacción social foi unha verdadeira necesidade para rectificar a actual política contra o galego que está levando a cabo a Xunta. Acusou o presidente galego “de romper un consenso histórico e de promover unha estratexia que contraven os principios que marca o Estatuto de Galicia”.


Desde logo que lle damos a razón pois a nosa linga non é un xogo. Estamos cansos de sufrir discriminacións e subordinacións. Acabouse, Galiza está loitando por saír adiante, por ser recoñecida e os seus principias defensores somos nós, os galegos. Aínda que non todos, eu a primeira, asistimos a manifestación, sabemos que todos aqueles galegos que o domingo loitaron pola nosa liberdade lingüística representaron a Galiza actual que xa está cansa da súa situación. A política non pode nen debe xogar coa nosa identidade, porque todos deberiamos entender que quen está en contra do galego atenta contra o noso ser.

Esta manifestación trouxo consigo un debate político de gran intensidade que era necesario para dar un cambio cara adiante e non cara atrás. Non queremos repetir a inconcebible oscuridade que durante moitos anos sufriu a nosa lingua, polo que desde logo que o noso presidente terá que escoitar a incesante protesta do noso país, agora vai cambiar, desde logo que vai cambiar porque o galego acaba de falar por sí só a traves dos milleiros de galegos , e a presión exercida por unha enorme masa de protestantes non pasa desapercibida ante ninguén. Como ben dixo Carlos Callón : “Agardaban un pobo abúlico e encóntranse cunha resposta social enorme, un movemento de conscienciación cidadá que fará reverdecer a nosa lingua”.

Somos galegos, loitemos polo que é noso, porque se non o coidamos nós, que o vai facer? A nosa identidade está en xogo, pero non a nosa liberdade, loitemos por ela!

Unha sociedade viva
unha lingua ameazada



A PROTESTA DE GALIZA!!

María 2º A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2009 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación en Santiago en defensa da lingua

Estimados lectores do noso blog:

Vimos de asistir en Santiago á manifestación en prol do galego baixo o lema Queremos galego. A manifa desenvolveuse desde a Alameda de Santiago ata a Praza da Quintana, onde se cantou e leron varios micromanifestos de adhesión á defensa do noso idioma.

A convocatoria, baixo un día inusualmente soleado na cidade compostelán, congregou a milleiros de persoas, imposible precisar porque moitos dos que estabamos ao principio, tivemos de evacuar a praza porque seguía chegando riadas de xente.

Houbo momentos moi emotivos, nun ton de respecto e coordialidade, como os cantos de Mini e Mero, os integrantes do grupo A Quenlla e as declaracións do presidente emérito da Fundación Castelao Avelino Pousa Antelo.

A convocatoria for apartidaria e global estando presente todas as idades que conforman a sociedade galega, especialmente familias cos seus fillos.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-10-2009 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Uxío Novoneyra
Ola blogueiros e amigos do ENDL:

Damos a benvida ao próximo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010. Velaí tedes o gran poeta do Courel, Uxío Novoneyra, o vate que mellor levou á práctica a técnica fonosimbolista, xa volo explicarán no cole. O grande amigo do Ánxel Fole e María Mariño Carou. O home que casou de temperán coa poesía e nunca a abandonou. Agora emerxe da lembranza para que aprendamos de si.

Outras veces os académicos escollen xente de segunda fileira, este ano a selección e o compromiso están moi ben aquelados.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2009 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal