Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O «cigarrón» convocado en María Pita reúne só a cinco persoas
• O «cigarrón» convocado esta mañá na Coruña para protestar pola entrada en vigor da lei antitabaco, que desde o pasado día 2 de xaneiro prohibe fumar no interior dos espazos públicos pechados, logrou reunir soamente a cinco persoas na praza de María Pita.
«Serán máis cando os bares comecen a notar nas súas arcas a repercusión. Agora non senten a necesidade de manifestarse», afirmou en declaracións aos medios Paco García, médico de profesión, e que foi un dos poucos fumadores que se achegou á praza de María Pita esta mañá.
A nova lei, que modifica a normativa anterior do 2006, foi cualificada por este colectivo de fumadores como «hipócrita» xa que «non podes vender un produto e prohibir o seu consumo», apuntou García.
Ademais, sinalou que é «ideolóxica» e «ilexítima», xa que fomenta a «división social» e «invade espazos persoais de liberdade».
Un dos aspectos máis criticados por este colectivo en defensa do tabaco é o «sistema de delacións» impulsado polo Goberno e que levou xa a presentar máis de 30 denuncias de usuarios por incumprimentos da lei antitabaco en empresas e organismos públicos de Galicia.
«Non podes converter aos hostaleiros en policías», afirmou García respecto diso.
García recoñeceu os efectos «nocivos» do tabaco - «os estudos demóstrano», sinalou-, pero aludiu a factores xenéticos como desencadenamentos das enfermidades.
«Queren criminalizar un costume social», afirmou García, quen apostou por recuperar a Lei do 2006, xa que «respectaba os dereitos de todos».
Así mesmo, negou que a nova normativa «veña imposta por Europa», a pesar do obxectivo expresado publicamente pola Comisión Europea de ampliar a prohibición de fumar en espazos pechados en todos os Estados membros no 2012.
«España non é Chipre ou Reino Unido», sentenciou García aludindo ás peculiaridades «sociais» do lecer en España.

Míriam López 2dp Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-01-2011 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
"O meu proxecto defende a integración de nenos autistas"
Esta orientadora ourensá acaba de conseguir o segundo premio do concurso de innovación educativa que convoca a Xunta. Déronllo polo seu traballo titulado Programa de intervención educativa desde a perspectiva da diversidade, que trata acerca dos nenos autistas. Licenciada en Psicopedagoxía, traballa no IES Rogelio García Yáñez, de Ramirás.
-¿Como recibe este galardón?
-Moi contenta porque supón un apoio ao meu traballo de investigación.
-De feito este programa por vostede desenvolvido é a base dunha futura investigación máis ampla.
-É un traballo que realizo baixo a dirección do profesor Manuel Ojea Rúa, quen é o meu director da tese doutoral que estou a levar a cabo na Facultade de Ciencias da Educación.
-¿Que ofrece o programa que lle premiaron?
-O que máis destaca é a importancia que lle damos á colaboración da familia e a implicación de toda a comunidade educativa ante os casos de nenos con trastornos como o autismo. Trátase de ofrecer a cada alumno a axuda pedagóxica que precise, axustando a intervención educativa á súa individualidade como persoa.
-Falamos de integración...
-É que se demanda unha educación integradora deses alumnos, que recoñeza a diversidade da poboación escolar e déalle unha resposta adecuada. Este programa que ideamos xurde como resposta educativa inclusiva na a aula ordinaria. Defende xa que logo a integración escolar de alumnos con diagnóstico TEA.
-Supoño que estes nenos, na súa maioría, poden sacarse adiante ¿non?
-Na actualidade hai moitos casos con trastornos xeneralizados do desenvolvemento que se poden incorporar a clases con nenos sen discapacidade, ofrecerlles recursos, axuda e implicación co que podemos mellorar a calidade de vida deses nenos.
-¿Cal é o segredo deste proxecto innovador galardoado pola Xunta?
-O esforzo, a constancia e a ilusión, que xo o motor deste proxecto para chegar a esa mellora de calidade de vida.
-Imaxino que calquera pai que teña un fillo autista pode recorrer a vostede e ao seu proxecto.
-Si porque esta investigación o que ofrece é o desenvolvemento dun plan de intervención, inclúe unha breve discusión acerca da relevancia destas aplicacións educativas con lle obxectivo de que poidan servir para realizar inducións válidas aplicables a outras situacións similares.
-¿Poden estes nenos acabar facendo estudos superiores?
-Sobre todo os que teñen o trastorno Asperger, como xa hai algún caso no campus de Ourense.
-¿Que fará agora?
-Espero que este programa me poida servir para ampliar o campo da investigación educativa no ámbito da psicopedagoxía aplicada. Actualmente estou a traballar nun programa de habilidades sociais para alumnos Asperger de Manuel Ojea Rúa e desenvolvendo a miña investigación doutoral en programas de desenvolvemento específico para persoas con autismo, tutorizado polo citado profesor.
-Quedar segunda no premio ¿canto diñeiro reporta?
-Son 4.000 euros, pero o realmente importante é o respaldo que o premio supón á miña investigación.


Sara García 2do Bach A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-01-2011 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
INAUGURACIÓN PARCIAL DA CIDADE DA CULTURA
O mércores 11 de Xaneiro foi inaugurada parcialmente, polos príncipes de Asturias, a Cidade da Cultura no Monte Gaias de Santiago. A partir do día da inauguración poderá ser visitada polo público en xeral os edificios de biblioteca e o dos arquivos que xa están rematados.

A obra foi deseñada polo arquitecto estadounidense Peter Einsenman, sendo unha obra faraónica de grandes proporcións a cal foi moi criticada polo despilfarro de cartos dos presupostos públicos para acometer a obra.

Xa se avanzou parte da programación para o presente ano. Dende o 15 de Xaneiro ata o 25 de Xuño mesturarase a literatura con montaxes tetarais, espectáculos musicais e produccións cinematográficas.

Adrián Lamas 2do Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-01-2011 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Del Riego «revive» para cumprir 98 anos nunha homenaxe póstuma
A cultura galega deuse cita onte en Vigo para recordar ao desaparecido patriarca das letras. Onte en Vigo celebrouse a reunión, en homenaxe ao recentemente falecido Francisco Fernández del Riego.
As dúas institucións máis vinculadas ao escritor, a Penzol e Galaxia, promoveron a convocatoria.
A Fundación Penzol, que dirixiu ata poucos meses antes do seu pasamento, e a Editorial Galaxia, da que foi cofundador en 1950, as dúas institucións ás que o intelectual galeguista entregou unha parte moi importante da súa vida. Foi a última loa, non a derradeira, dirixida ao ilustre persoeiro que morreu o pasado 26 de novembro aos 97 anos. A idea dos organizadores era convocar o recordatorio o 7 de xaneiro, data na que o homenaxeado cumpriría 98 anos, pero por motivos de axenda foi adiado unha semana.
O director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, conduciu o acto deixando claro desde o inicio que a convocatoria trataba «non da despedida dunha vida, senón da celebración dunha vida, en memoria dun home senlleiro, unha desas persoas que pasan como os cometas e deixan un ronsel, unha luminosidade especial». Freixanes tamén insistiu no carácter do encontro literario e académico dunha homenaxe, «fundamentada na admiración, o afecto e a testemuña dos que o coñeceron e o apreciaron», sinalou.


Laura Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-01-2011 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Seis personalidades galegas reciben os Premios da Cultura da Xunta

O presidente da Xunta entregou os Premios da Cultura Galega a seis das sete personalidades e entidades distinguidas polo seu traballo e traxectoria noutros tantos campos da creación e a promoción cultural en Galicia. O séptimo premio foi o que concedeu o xurado ao escritor Agustín Fernández Paz, no apartado de letras, queo rechazou por «coherencia idiomática» tras facerse público o fallo.
A ceremonia, que tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago o mediodía de onte. Foi un acto de recoñecemento que, en palabras do presidente da Xunta, celebrouse «de xeito humilde e pouco fachendoso, pero certamente sentido. Así é a cultura galega, sen aditamentos propios doutras que se engalanan cheas de vaidade. A nosa cultura aprendeu a arte de facerse grande en silencio, sendo poderosa na súa substancia».
Foi, en efecto, un acto con poco artificio, conducido polo presentador da TVG Alfonso Hermida e cun intérprete para persoas xordas no escenario, no que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, leu a acta do xurado para dar paso inmediatamente á entrega dos galardones, unha escultura original de Silverio Rivas e o diploma acreditativo do premio, que non ten dotación económica, por parte do presidente Núñez Feijoo a Menchu Lamas, Eduardo Alonso, á Fundación Barrié da Maza, a editorial Galaxia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e á productora audiovisual Vaca Films.
Un vídeo recordou a tres das personalidades do mundo da cultura de Galicia fallecidos este ano, á cantante Ana Kiro, o intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego e ao historiador Marcos Valcárcel, cuxas semblanzas arrancaron o aplauso do público, que ocupou medio aforo da sala, integrado por amigos e familiares dos homenaxeados, e con rostros famosos do mundo das artes escénicas, visuais e plásticas como os actores Luís Tosar, Antonio Durán, Manuel Olveira, Rosa Álvarez, o escultor Francisco Leiro, e os pintores Antón Patiño e Quintana Martelo, entre outros.
A orquesta de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba fillo, abriu o acto tocando dúas obras de Rogelio Groba, e o Coro da Ra sorprendeu aos asistentes surxindo do patio de butacas para cantar unha canción que deu paso ó broche ceremonial, que foi o himno galego, interpretado pola orquesta de Cámara e coa voz da soprano Susana Lorenzo.


Laura Iglesias 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-12-2010 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Callón comparece no Xulgado por criticar a un xuíz que usou «A Coruña»
presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), Carlos Callón, compareceu hoxe nos Xulgados de Santiago de Compostela tras ser denunciado polo xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, ao que criticara por utilizar a «ilegalidade» do topónimo A Coruña.
Callón chegou esta mañá aos xulgados da capital galega, onde se concentrou un grupo de persoas como mostra de apoio, entre as que se atopaba o deputado do BNG Bieito Lobeira e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.
En declaracións aos medios de comunicación, Callón explicou que o xuíz Mandián denunciou en 2008 a un veciño da Coruña por solicitar que se lle remitise a documentación en galego e co topónimo oficial, e no xuízo contra el, o maxistrado declarou, «segundo transcendeu nos medios de comunicación», que non tiña «ningún rubor en usar a ilegalidade da Coruña».
«Como presidente da Mesa pregunteille publicamente que outras leis como xuíz non ten ningún rubor por incumprir», sinalou Callón quen asegurou que foi denunciado «por defender o cumprimento da lei que ampara o noso dereito a poder vivir en galego» e por «recordar aos xuíces que, como representantes públicos da Xustiza, deben ser os primeiros en dar exemplo».
«Se é unha inxuria ou unha calumnia dicir que os xuíces ten que cumprir a Lei, terían que procesar a unha boa parte da sociedade galega», apuntou.
Así mesmo, o representante da Mesa indicou que «é a segunda vez» que é citado a declarar como imputado, xa que hai un ano e medio compareceu ante o xuíz «polos mesmos feitos».
«Espero saber cal é o procedemento que se está seguindo neste caso, cando xa hai dous anos que o xuíz decano fixo estas declaracións tan graves e cando xa hai un ano e medio que vin aquí por primeira vez», agregou.
No entanto, Callón apuntou que este «non é un caso illado» de «criminalización» das persoas que defende «o dereito a poder vivir en galego» e asegurou que, «por moito que nos demonicen, seguiremos con esta batalla cívica e xusta» e «non nos calarán».
Neste sentido, Callón acusou á Xunta de andar «a fartar» co noso idioma e criticou a actitude dalgúns conselleiros que se negan a utilizar o galego oralmente, e ata por escrito», e a responder entrevistas en galego na Televisión de Galicia, o que cualificou de «inédito» na historia da Comunidade.
«Isto dános a medida da defensa da lingua galega e do galeguismo que profesa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo», criticou Callón, que lamentou que «quen debería dar exemplo de uso e de defensa do noso idioma realmente estea a servir como exemplo contrario».
«O artigo quinto do Estatuto de Autonomía é clarísimo, é obrigación dos poderes públicos, xa que logo da Xunta de Galicia, potenciar e defender o uso do noso idioma», concluíu.

Belén Sotelo 1º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-12-2010 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
O colapso dos aeroportos europeos cancela 69 voos con España

O temporal de frío que azouta a gran parte de Europa obrigou a varios aeroportos españois a cancelar 69 voos con orixe ou destino en seis aeródromos de Reino unido, Alemaña e Italia, segundo fontes de AENA.

O máis afectado ás 15.00 horas era o aeroporto de Gatwick, coa cancelación de 32 voos, seguido de Heathrow, con 28 voos suspendidos. O mal tempo en Frankfurt tamén levara a cancelar 5 voos, mentres que se rexistraban 2 voos afectados con orixe ou destino en Florencia e 1 en Bristol e en Munich.

Os principais aeroportos de Reino Unido, Bélxica e Holanda rexistran cancelacións e importantes atrasos, mentres que Alemaña recupera lentamente a normalidade e os maiores aeroportos do país están en funcionamento, aínda que de forma algo precaria, xa que moitos acumulan atrasos e anulacións en moitas das súas rutas.

En Italia, o aeroporto de Orio ao Serio, próximo a Milán, aos poucos recupera a normalidade, despois do peche de onte pola tarde de dúas horas de duración que levou á aeroliña de baixo custo Ryanair a suspender 28 voos, entre eles varios con destino a España.


Julian Iglesias 1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-12-2010 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
O xornalista Antón Pombo gaña o premio Pérez Lugín
O pintor de fre¬chas amarelas", un artigo centrado na figura de Elías Valiñas, o párroco do Cebreiro e auténtico visio¬nario do efecto Xacobeo, valeulle ó xornalista An¬tón Pombo o LXX Premio Pérez Lugín, que convoca cada ano a Asociación da Prensa da Coruña.
Antón Pombo, doutor en Historia Contemporá¬nea pola Universidade de Santiago e especialista en artigos de viaxes, é un auténtico divulgador do Camiño de Santiago, xa que publicou en GALICIA HOXE no suplemento "Lecer", en EL CORREO GALLEGO, La Voz de Galicia, Cuader¬nos de o Camiño, Peregrino ou National
Geographic máis de dous- centos artigos e reportaxes sobre a Ruta. Así mesmo, posúe o auto¬ría das guías da Ruta francesa -Para Peregrinos, Na Mochila e Axenda- de Anaya Touring, e tamén das guías do Camiño Norte. Así mesmo publicou dúas guías do Camiño Fran¬cés en galego para Xerais de Galicia e na actuali¬dade prepara unha guía do Camiño Portugués e forma parte do Comité do Cami¬ño de Santiago, que aseso¬ra á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta.
Entre outros premios de xornalismo que Antón Pombo recibiu son a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla en 1996, o III Premio Julio Camba en 1998 e o I Premio Enrique Mariñas en 1998. O Xurado decidiu otor¬gar un accésit, dotado con 600 euros, ó traballo titu¬lado "Un camiño que contar", do que é autora Natalia Sueiro, licenciada en Histo¬ria e máster en Medios de Comunicación. O premio Pérez Lugín, é o galardón máis antigo de cantos se organizan en España.


Samuel Gallego 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-12-2010 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
CADERNO DE VIAXES, David Pintor.

David Pintor xa retratara Santiago no volume Ciudades de papel (El Patito Editorial), pero o éxito levouno a facer un dedicarlle un libro completo. O resultado, titulado sinxelamente Compostela (Kalandraka), é un percorrido por rúas e espazos que capta a maxia que desprenden e afastarse dunha visión tópica e turística. «A idea era trasladar a inspiración e a evocación que eu sentín nestes lugares», explica o debuxante, quen define o libro como «o caderno de viaxes dun pintor» para ser gozado por lectores de todas as idades.
Esta idea aparece reflectida en cada páxina. David Pintor bota man dun personaxe, un home que se move nunha bicicleta encarnada e que toca o violín, para conferirlle a unidade propia dun libro de viaxe. «Pero que ninguén se espere unha guía convencional», aclara o autor, que prefire que sexa o lector o que vaia descubrindo por si mesmo eses recunchos a través da ollada do personaxe.
A súa pintura tampouco é convencional no sentido de que Pintor non se limita a retratar a cidade tal como é, senón que introduce elementos propios do realismo, que permiten fantasear e imaxinar outra cidade. O personaxe flota sobre os tellados de Santiago ou pasea pola praza da Quintana dun xeito moi especial: recostado sobre unha barca.


Belén Sotelo 1º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-12-2010 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Morte de Marcos Valcárcel
A sociedade ourensana rendeu onte a súa última homenaxe no tanatorio das Burgas ao profesor, historiador e dinamizador cultural Marcos Valcárcel López, que faleceu o domingo, pouco logo das 13 horas, tras unha longa enfermidade. Os seus restos mortais serán incinerados hoxe, ás 10,15 horas, no crematorio de Santa Mariña, dentro da intimidade familiar. As cinzas do escritor serán esparcidas en Fisterra a principios do próximo ano, zona na que Marcos Valcárcel adoitaba pasar as vacacións de verán.
Malia que se trata dun desenlace esperado, que o seu amigo Alfonso Vázquez Monxardín cualifica como "unha liberación" para o propio Marcos Valcárcel, desde o punto de vista físico, polo estado dramático no que se atopaba –mentres a súa mente permanecía completamente lúcida–, o falecemento de Marcos Valcárcel causou unha gran conmoción nesta cidade e no conxunto de Galicia, por tratarse dun dos eslabones que unía o novo pulso cultural de Ourense co que queda do rescoldo da Xeración Nós, polo magisterio que exerceron neste espazo xeográfico Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino López Cuevillas.
O diseñador Roberto Verino recoñece que "o mundo da cultura está de loito, e non vai ser fácil cubrir o espazo que deixou Marcos Valcárcel" no campo do estudo e da investigación. "Foi un home moi implicado con Ourense, cunha gran xenerosidade, que desgraciadamente non puido facer todas as cousas que pretendía desenvolver", pola súa temprana desaparición.
O pintor Virxilio Fernández Cañedo mostra o seu "profundo pesar" pola morte de Marcos Valcárcel.
O escultor Manuel Buciños lamenta a perda do autor, "cando estaba en pleno apoxeo", como historiador e gran dinamista da cultura, que "dedicou a súa vida a construír país".
O secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos, recoñece que Marcos Valcárcel "tiña conciencia de país, ao que dedicou toda a súa obra".
"Hoxe é un día triste para Ourense, pola perda de Marcos Valcárcel, un home de letras, un historiador e un referente da cultura desta cidade. Coa súa morte quedamos un pouco huérfanos, porque Valcárcel formaba parte da paisaxe literaria e histórico de Ourense", afirma o alcalde das Burgas, Francisco Rodríguez

Emilio González Padrón 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-12-2010 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal