Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Black Eyed Peas, Iggy Pop e David Guetta encabezan 'O Son do Camiño'
Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta ou Rosalía. Son algúns dos cabezas de cartel que acudirán este ano ao Monte do Gozo entre case 40 artistas, dos cales a cuarta parte son bandas galegas. Un cartel que se presentou a tarde do 22 para un festival que busca posicionarse como dos mellores de Europa en canto a calidade e prezo, e que pretende promocionar Galicia alén das nosas fronteiras.

Descuberto o cartel do festival do Son do Camiño, un evento que chegou para quedar. 37 novos artistas que acudirán ao Monte do Gozo entre o 13 o e 15 de xuño nunha cita musical que pretende tamén ser unha ventá aberta ao turismo e ao Xacobeo 2021. O ano pasado o retorno económico foi de 12 millóns de euros.
Un cartel ecléctico e para gustar a todos os públicos. Desde os estadounidenses Black Eyed Peas, con 25 anos de carreira ás súas costas marcada polo hip hop/pop aos surafricanos Die Antwoord pasando por clásicos do rock incombustibles, como Iggy Pop, tamén The hives ou Block Party.

Pero hai máis sorpresas, como a artista do momento, Rosalía, ou o que foi unha revolución na música electrónica, David Guetta.
O ano pasado colgouse a medalla de festival revelación e foi o primeiro evento español destas características en esgotar os abonos en pouco máis de 2 horas. Este 27 de febrero sairán á venda, e desde a organización aconsellan mercalas só nos puntos de venda oficiais. En menos de catro meses, preto de cen mil persoas volverán marcar o ritmo no emblemático Monte do Gozo.



Lucía Alvarellos 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 24-02-2019 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
O festival 'O Son do Camiño' esgota os seus 20.000 abonos en menos de dúas horas
O festival 'O Son do Camiño' que traerá a Santiago de Compostela entre o 28 e o 30 de xuño a artistas como The Killers, Lenny Kravitz e Jamiroquai, esgotou os 20.000 abonos que puña á venda en menos de dúas horas. Desde que se abriu ás 10:00 horas a venda destes abonos, foron miles as persoas que se conectaron ao sistema de venda por Internet creando colas virtuais para acceder á compra. Segundo informou a organización, en menos de dúas horas o festival esgotou as cinco ofertas que lanzaba e vendeu os 20.000 abonos dispoñibles, batendo marcas históricas en venda de entradas de festivais de toda España. A oferta inicial de 2.000 abonos a 39 euros durou apenas uns minutos, dado o masivo interese do público de toda España.
O Festival, que agradeceu o apoio e lamentou que algunhas persoas que se quedaron fóra desta compra, anunciará a súa programación por días e porá as entradas para cada un deles á venda proximamente.

Sofía Cougil Gracía
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 04-03-2018 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Paisaxes da Ourensanía
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 26-06-2015 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Correpondentes...
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 26-06-2015 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Mar de néboa
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 26-06-2015 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Festival LADESOL
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 26-06-2015 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Voz Natura.
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 26-06-2015 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Paz e Ben!
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 26-06-2015 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Brinca Vai! Paco Nogueiras
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 25-03-2015 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Misioneiro
Comentarios (0) - Categoría Carteis - Publicado o 25-03-2015 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal