libros



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Trinta e dous dentes
Trinta e dou dentes de Xavier López López
Sinopsis:
Sen causa aparente, o autor e director teatral Paulo Barreiro acorda unha mañá convertido nun cativo de dez ou once anos. Así comeza a nova achega narrativa de Xabier López López na que, baixo o revestimento dunha novela picaresca e de iniciación, atopamos unha narración chea de sorpresas, entretecida con mitos e homenaxes literarias. Finalista do Premio Torrente Ballester 2006, Trinta e dous dentes xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades.
Xabier López López xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades. A distancia focal provocada pola diferencia entre a idade mental e a idade física do protagionista favorece a distorsión e a conseguinte crítica mordaz da realidade.
Por outra banda, 'Trinta e dous dentes' tampouco non esquece os seus referentes literarios, e reivindica como antecedente a obra do escritor polaco Witold Gombrowicz, un dos autores de culto da narrativa europea do século XX, e a novela Die Blechtrommel (O tambor de folla de lata) de Günther Grass.




Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 26-10-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
O único que queda é o amor
O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz
Resume da obra
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 26-10-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal