libros



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A memoria da choiva de Pedro Feijoo
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón.
En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano...
Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.

Pedro Feijoo

Es licenciado en Filología Gallega por la Universidad de Santiago de Compostela.1​ Ejerció como músico, productor, compositor y miembro de algunos proyectos musicales gallegos como Los Feliz y Lamatumbá.2​ En 1997 publicó su primer libro, Cousas do «Galicia», por Castelao (en gallego), en el que se explica la relación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao con el periódico Galicia que dirigió Valentín Paz-Andrade.3​ En 2005 publicó Viva o Fu Remol! (en gallego), una crónica sobre los problemas del panorama musical gallego.

En 2011 publicó el relato "O segredo do viaduto" (en gallego) en el libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. Su primera novela, Los hijos del mar (2012), fue finalista del Premio Xerais en 2011. En 2013 publica La memoria de la lluvia, novela alrededor de la figura de Rosalía de Castro. En 2015 cambia de registro con Morena, peligrosa y románica, su novela más cómica. En 2017 sale Los hijos del fuego, en la que los mismos personajes de "Los hijos del mar", se enfrentan a una de las intrigas mejor protegidas en la historia de la ciudad de Vigo: la de su fundación.4​ Para el autor está a caballo entre la novela histórica y el thriller.5​ En 2018 publica Sen piedade (en gallego), un libro terrible y dolorosamente personal, según el autor.6​ También en 2018 sale Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade (en gallego), un libro a caballo entre los manuales de historia y las guías turísticas.
Despois de 12 anos coa maleta de músico a medio facer, xirando con Los Feliz e Lamatumbá, Pedro Feijoo (Vigo, 1975) irrompeu como novelista cando en 2011 foi finalista do Xerais. N?Os fillos do mar?libro revelación deste ano a piques de acadar a segunda edición ao mes de estar na rúa? utiliza os mecanismos das obras de intriga e aventuras, combinando a investigación histórica e o espazo urbano de Vigo para tecer unha rede que atrapa o lector.


Pregunta. Reúne na súa persoa os papeis de músico, produtor musical e agora escritor, ¿son estes vasos comunicantes?

Resposta. Comecei na música de casualidade. Son filólogo e por diversas carambolas atopeime tocando, viaxando por todo o país e a raíz deses traballos empecei a producir música para outra xente. Cando rematei a carreira xa estaba de xira e gravando discos. Sempre fun atendendo diversos frontes e agora c?Os fillos do mar funcionando ben non é que vaia adicar a atención exclusiva aos libros. Son vías constantes, pero intento que ningún traballo sexa lixeiro. Igual que no estudo escollo moito con quen traballar e atendo con máis agarimo os proxectos que máis teñen que dicir, ese mesmo empeño é o que tento aplicar á literatura.

P. O rexistro dos libros que publicou é moi dispar. Estreouse cun estudo da presenza de Castelao no xornal Galicia de Valentín Paz-Andrade.

R. Aquel primeiro libro responde a unha investigación universitaria promovida polo catedrático Xesús Alonso Montero. A min atraeume sempre a figura de Castelao e grazas ao meu avó, o xornalista Manuel de la Fuente, púxenme no carreiro de Valentín Paz-Andrade, ao que coñecía das tertulias na Cafetería Goya, ás que de neno me levaba o avó. E sabía do seu libro de poemas Pranto Matricial. Pero foi escribindo este traballo, que despois publicou Díaz Pardo, cando coñecín a importancia do que representou no seu tempo o xornal Galicia e en concreto o seu director.

P. Despois editou ¡Viva o Fu Remol! (Xerais 2005), unha excursión intensa para compartir a súa experiencia na música, os anos en Los Feliz e Lamatumbá.

R. Hoxe as cousas están en baixada, porque a crise chega a todas partes, pero en Vigo formar un grupo musical foi case, e aínda é, o hobby principal da xuventude. Se non toca alguén na túa casa seguro que tes amigos que están tocando. Cando o escribín acababa de deixar Los Feliz, que estaba nas listas de venta e se movía por concertos en toda España, e entraba en Lamatumbá. Estas experiencias fixéronme pasar por todas as estacións e pensei que un libro podía contar a miña aprendizaxe, con cousas boas e malas, polas que todos os grupos habían pasar. O curioso é que só en cinco anos houbo moitas mudanzas na vida dos músicos, e máis que escribir unha segunda parte do libro habería que transformar a mentalidade da xente. Fíxate que nos últimos días meus en Lamatumbá, aínda se me achegou unha veciña que me coñecía de neno e díxome, ?pero, ti aínda es músico ou xa traballas??.

P. Ao remate de ¡Viva o Fu Remol! reivindicábase como home da cultura punk, entendida como unha postura ante a vida.

R. É unha actitude que asumo, e quizais só eu entendo o que quero dicir. Non me refiro a levar unha crista nin esa estética asociada. Da maneira en que eu o penso, Mozart era punk. Deféndoo como a idea de sacar adiante, contra todo obstáculo, aquilo no que cres, e se é preciso facelo por ti mesmo. Romper coa norma do ten-que-ser-así e pelexar polas miñas propias conviccións, polas miñas crenzas, sexan musicais ou literarias.

P. A crítica fala d?Os fillos do mar como un esforzo por escribir un libro que atrape os lectores cos engados dos libros de grande venda, pero con claves propias. Cal foi o seu punto de partida?

R. Non vai descamiñada a idea de falar de best-seller, pero máis como xogo que pensando no mercado. Pensei que aquí podería facerse un tipo de novela que teñen outras literaturas, cunha parte histórica, un ritmo rápido, con intriga... pero usando a riqueza dos elementos propios do país. Quizais sexa deformación de filólogo, pero eu preciso ter os elementos enriba da mesa antes de escribir: tiña a historia sempre misteriosa do ouro dos galeóns de Rande, a memoria dos anos da guerra e a posguerra, a idea dun protagonista que fose un antiheroe e tamén o espazo xeográfico de Vigo. Despois de ler con tantas gañas historias doutros apetecíame que fosen pezas galegas as que se ensamblasen e é por iso que escribín Os fillos do mar. Dame medo resultar frívolo nesta formulación, pero creo que é o temos que facer.

P. Aínda así reclámase un certo rigor histórico máis alá das licencias da ficción.

R. A realidade da nosa historia supera con moito a ficción do que podemos recrear os escritores, pero todo o que sae no libro referido, por exemplo, á batalla de Rande no 1702, foi rigorosamente documentado. O traballo previo de investigación fíxome ver as carencias que temos, porque aquel foi un momento fundamental para a implantación dos Borbóns e está menos estudado do que debía. Apoiarse na historia real axuda ao novelista, pero se hai tantas lagoas de coñecemento queda o campo libre á imaxinación. Para o novelista é bo, pero é unha faena para o cidadán, porque rematamos por non saber da historia propia.

P. Recobra tamén datos sobre o tempo da posguerra pouco explotados na literatura nosa, como as fugas organizadas ao exilio.

R. A intención miña é chamar a atención sobre a realidade histórica a través do seu uso na ficción. Cando desmiúzo as pezas do libro teño medo a caer na frivolidade, pero defendo a recuperación da novela de entretemento e a miña intención de fondo é falar de algo que foi real. Quero que o lector o pase ben, pero ao chegar á derradeira páxina se sinta parte desa historia que tamén é a súa, que explica quen somos agora. A fuxida da xente era para sobrevivir, porque senón marchaban matábanos. Non é que queira descubrir as dores da guerra, pero hai que asegurarse de que non se vai esquecer. E iso tamén vale para a batalla de Rande, porque somos un pobo moi esquecedizo, e as cousas pasaron e hai que saber delas. Dígolle ao lector: pasáchelo ben, pero agora xa non ignoras a historia dos teus.

P. É tamén unha novela na que a cidade de Vigo acada un grande protagonismo.

R. Hai xa un fato de novelas con este espazo urbano. Entre outras que me veñen á cabeza Antón e os inocentes de Ferrín, Amor de Tango de María Xosé Queizán ou varias de Cid Cabido... Escribín sobre Vigo porque é a miña cidade. Sempre admiraba as novelas de Eduardo Mendoza, que me fixeron coñecer e entender Barcelona doutra maneira, ou o cine de Woody Allen con Nova York como pano de fondo. Por iso creo que as obras teñen máis forza se as vinculas ás súas cidades. A historia que conto é universal, pero pasou en Vigo, e gústame recrear as rúas ou as construcións do arquitecto Michel Pacewicz que durante moitos anos foi unha lenda ou o Vigo de primeiro de século ou o modernista. Isto tamén é historia e só hai que saír á rúa, observar e collelo.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 27-10-2020 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0