Camiño de Paixóns
Carlos Meixide
I PREMIO DE NOVELA CAMIÑO DE SANTIAGO, ORGANIZADO E CONVOCADO POLA ACADEMIA XACOBEA
Unha historia que o seu autor define como pulp e que toma o Camiño de Santiago coma un pretexto para explorar a natureza humana a partir de dúas mulleres que, levadas polo azar e pola paixón, farán o Camiño xuntas. Polo medio, un caso de terrorismo internacional inesperado. Unha reflexión tamén sobre o poder do erotismo e das moitas formas do amor.
Meixide, Carlos
Escritor, xornalista e humorista galego, naceu en Vilagarcía de Arousa en 1977. A súa novela O home inédito converteuno en 2005 na primeira en galego editada en Internet. A súa versión en papel apareceu un ano máis tarde en Edicións da Rotonda. A partir de 2014, autoedita as súas obras. As novelas Ons, Cans, Guitiriz, e Arousa, unha serie de aventuras de adolescentes en distintos lugares de Galicia alcanzaron notable popularidade. |