libros



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Faneca brava de Manuel Portas
Porque se algo hai que lle recoñecer a Manuel Portas, autor de Faneca Brava publicada por Xerais, é que coñece ben o oficio. Tanto por ser lector como por practicalo: ten moi claro como entreter e como enganchar. E esta é a primeira cualidade desta súa última novela (última publicada, dáme que ten 50 máis nun armario!)
Gústame o tema da novela e o xeito de tratalo. Non me gustou, pareceume case «holliwoodiense», a forma de resolver a trama. Que sexa a protagonista unha nena maltratada con fouteza para saír adiante, encántame. Que se faga "famosa e rica" e como o consegue, pareceume totalmente esaxerado. Tanto, que en todo momento sabemos quen está detrás do "negocio". Isto é o que menos me gustou, xunto con ese consabido didactismo tan presente na nosa literatura que -coido eu- sobra: que sexamos nós, os lectores e as lectoras, as que tiremos as nosas propias conclusións! Hai algunhas frases que nos encamiñan neste senso que se me fan incómodas, aínda que sexan opinións dun personaxe -e nas que se ve claramente o autor- (Caridade si, integración non. Até aí podiamos chegar)
O tema da familia como clan dos anos sesenta está moi ben tratado, unha base que está pronta a resquebraxarse en canto os membros poden voar. A hipocrisía e a falsidade é un punto de unión que marca a vida familiar e que agocha feitos tremendos que provocan arrepíos. Pero o máis importante é e será o bo nome da familia. Un acerto de tratamento que se impón aos defectos aos que fixen referencia, así como as perspectivas diferentes dos narradores e dos personaxes, algo no que Portas é un experto. Hai personaxes que se fan nosos: no momento en que soñei con eles souben que xa me gañaran. Como tamén gañan algunhas frases ben fermosas que o autor introduce ao longo da novela. (Unha especie de aluminose espiritual esfarelaba as súas vigas e corroía e enferruxaba os piares identitarios).
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 06-01-2014 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal