libros



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aqueles días en que eramos malas de Inma López Silva
Imma López Silva esculca nas vidas de cinco de mulleres que reflicten o seu pasado e o seu presente, cinguidas por diversos relatos que se afincan ao que supón a carencia de liberdade.

Teño para min que López Silva cimenta esta nova entrega narrativa nun propósito que vai máis alá de asomarse, con ou sen asepsia pois todo sería lícito, ás biografías de cinco mulleres que coinciden no módulo de mulleres da prisión pontevedresa da Lama. Velaí, de mans dadas, unha prostituta e politoxicómana expulsada dos seus; unha inocente e tenaz moza colombiana; unha monxa que herda un pasado terrible e cumpre condena por roubo de bebés e esterilización sen consentimento, unha particular funcionaria de prisións -quen sabe se a máis prisioneira de todas elas- e, por último, unha escritora bipolar acusada de tentativa de homicidio que responde ao nome de Inma. Vai máis alá porque esta última, introducindo suxestivas reflexións sobre o devalar do proceso de creación literaria, constrúe un mosaico coas teselas da ironía e a crueza para erixir, aos poucos, unha conseguida metáfora vital alicerzada nunha multitude de elementos como son o concepto da liberdade, as claves que dominan as relacións filiais, os límites da angustia, da loucura e a cordura se os hai, as consecuencias que arrastran a soidade, as mentiras ou as medias verdades e, sobre todo, o sufrimento encarnado na pel das mulleres, acadado con limpeza mercé a reconstrución desas biografías maltratadas quer polas circunstancias, quer polas crenzas persoais ou a educación recibida, quer pola cegueira ou confianza cega depositada no xénero masculino desvelándose, tantas veces, como se activan os mecanismos da xustiza, da vinganza ou da ira.

Ben difícil é non sentir unha liña de empatía con calquera personaxe deste retrato coral, mesmo coa Inma escritora, ese personaxe de ficción de tan forte personalidade que tanto desconfía das valoracións da súa obra nos suplementos culturais. Contra esa opinión, para min, esta é unha gran novela.

Esta reseña publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 2 de setembro de 2016, baixo o título de “As feridas dunhas vidas”.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 24-02-2017 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
A ferida do vento de Antón Riveiro Coelllo
A ferida do vento (Galaxia), unha novela de iniciación que recupera aqueles toliños como personaxes secundarios, aos que se suma un moi especial, o propio Casares. «A historia transcorre en 1978. Carlos chega a Xinzo con Kristina [a súa muller] e busca historias para os seus libros», describe Riveiro Coello. A homenaxe queda tamén remarcada polo título, unha referencia clara ao Vento ferido de Casares. Se naqueles relatos abordaba o mundo da infancia, en A ferida do vento o foco asúmeo o tránsito á adolescencia. «En só uns poucos días o protagonista coñece o que é medrar a través do coñecemento da morte, a descuberta do amor e as primeiras experiencias do sexo, coa estrañeza que isto produce nel», relata o autor.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 24-02-2017 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
As horas roubadas de María Solar
A morte dun ancián cunha mensaxe na súa man, «Dime que me queres», destapa unha pasional historia de amor que nunca terminou. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes de aprobarse a lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello secreto e pola necesidade de cambiar as súas vidas.

Persoas que dominan ou que son dominadas, rutinas que matan o amor, infidelidades que ven a luz, adolescentes que descobren o sexo e a traizón... Unha novela de sentimentos que envolve ao lector nas súas páxinas e que lle leva a coñecer personaxes inmersos nunha época, non tan afastada, na que vivir sen ataduras era unha tarefa pendente.

Unha novela coral que nos leva a través da vida de tres xeracións para demostrar que non hai idade para o amor, e que cando as cousas non cambian pola nosa vontade, algo insospeitado pode facelas cambiar. Para sempre.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 26-01-2017 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
ESCARLATINA , a cociñeira defunta de Ledicia Costas

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
Video
Ficha de lectura
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 03-11-2016 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
A boca do monte de Celia Diaz Nuñez
Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse.
E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 24-10-2016 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Os elefantes de Sokúrov de Antón Riveiro Coello

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria


Os elefantes de Sokúrov
Riveiro Coello, Antón



Na súa nova novela, Antón Riveiro Coello conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da que non albisca futuro.

En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade.
Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposicións ao ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de anciás nun andar de Santiago. Almorza todas as mañás nunha cafetería da zona vella, onde un descoñecido escribe e le sen acougo. Janis adoita observalo e queda engaiolada pola súa presenza ata que un día el desaparece. A partir dese acontecemento en aparencia nimio, a protagonista da novela vai iniciar unha pescuda que a ha levar á súa infancia, á mocidade dos seus pais, a dos movementos xuvenís e as arelas de cambiar o mundo, e ao cabo, á descuberta dun enigma que, sen que Janis o saiba, ha marcar a súa vida.
A través das historias dos seus personaxes, Riveiro Coello consegue vencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperación da memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúas nun relato sobre o esencial da vida humana. Riveiro Coello é quen de o facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxes trazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que a metáfora e o símbolo están ao servizo da narración. Os elefantes de Sokúrov é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 11-01-2016 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
O CENTRO DO LABIRINTO de Agustin Fernández Paz
Año 2054. Europa se ha transformado en una sociedad uniforme, donde la variedad de lenguas y culturas es sólo un recuerdo del pasado. Sara Mettmann, miembro de la organización que lo controla todo desde la sombra, viaja a Galicia en compañía de David, su hijo adolescente, para examinar unos enigmáticos petroglifos. Cuando David desaparece misteriosamente, Sara se ve arrastrada a una aventura compleja y fascinante, que acabará por cambiar el destino de la humanidad.
A través de un chico muy creíble, David, para quien el viaje supone el descubrimiento de sus raíces y la entrada en la vida adulta (primero amor, oposición a las ideas de su madre, toma de sus propias decisiones), el autor crea un mundo en el que la identidad, la tolerancia y la diferencia son los rasgos positivos. El centro del laberinto es una novela que, como ocurre en la mejor ciencia-ficción, nos traslada a un mundo futuro para hacernos reflexionar sobre el presente. Un libro apasionado, escrito desde la oposición al pensamiento único y la globalización neoliberal.
El centro del laberinto es una novela comprometida, con mensaje y con crítica. Nos presenta un futuro relativamente lejano (no todos viviremos el año 2054) pero en el que las cosas no han cambiado demasiado. Más bien, se han materializado todos los temores y los indicios que vemos cada día en nuestro entorno: una sociedad globalizada, que impone policialmente el pensamiento único, en la que predomina el interés de los poderosos y que desprecia las minorías, las señas de identidad de los pueblos, la cultura, el conocimiento y, en general, el sentido común.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 20-10-2015 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Así nacen as baleas de Anxos Sumai
Así nacen as baleas conta a historia dunha liberación e, ao tempo, a viaxe de volta dunha muller nova á casa, á familia e ao pasado. Sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e vivencias estouran a través dunha linguaxe renacida, cunha maneira de narrar que descobre o mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 17-09-2014 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Pan negro de Emili Teixidor
Pan negro de Emili Teixidor:
A medio camino entre la memoria y la ficción, Pan negro gira en torno a Andreu, un muchacho que crece en los años más crudos de la posguerra. Él pertenece al bando de los perdedores: su padre, hombre de firmes ideales republicanos, ha sido encarcelado por "rojo", su madre se ha visto obligada a trabajar en la fábrica y confía a su hijo a unos parientes que viven en el campo. Poco a poco se produce un cambio sustancial en Andreu, que de perdedor pasa a sentirse ganador en una metáfora del país que asimila la derrota y acepta, con pasividad, una victoria que no es la suya. 
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 14-09-2014 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Un nicho para Marilyn de M.A. Fernández
Premio de Novela Manuel García Barros, 2002. Frank Soutelo, detective privado californiano de pais galegos, encárgase de investigar a desaparición do cadáver de Marilyn Monroe, co que está relacionada unha rede de necrofilia de "alto nivel". Miguel Anxo Fernández acerta cos seus diálogos faiscantes, coa ironía e cun tratamento novo e orixinal do mítico mundo do cinema.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 09-02-2014 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal